1. OBXECTO DA CONVOCATORIA
O FONDO GALEGO DE COOPERACIÓN E SOLIDARIEDADE (www.fondogalego.org) convoca unha praza para a realización de prácticas formativas e non retribuídas.
A devandita formación práctica terá como obxectivo afondar no coñecemento directo do funcionamento da cooperación municipalista, promovendo o desenvolvemento profesional e a inserción laboral no eido da cooperación ao desenvolvemento.
As funcións a desempeñar estarán vinculadas as actividades previas e posteriores ás actividades concretas da Irmandade Galicia Cabo Verde, que se desenvolverá en distintos Concellos galegos entre o 7 e o 14 de decembro, polo que o interese nas relacións internacionais, a cooperación ao desenvolvemento, a investigación en ciencias sociais e a comunicación serán valoradas.
2. DURACIÓN
A duración das prácticas será de entre 300 e 600 horas, realizándose na Secretaría do Fondo Galego, no Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, Baiona (www.igadi.org). O 30% das horas poderán ser computadas de maneira non presencial.
3. REQUISITOS DOS ASPIRANTES
As prácticas están dirixidas a persoas interesadas na cooperación internacional ao desenvolvemento, preferentemente con experiencia nalgún dos seus ámbitos.
4. SOLICITUDES
A solicitude de praza farase por escrito a info@igadi.org, achegando carta de motivación e CV.
5. PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES
As solicitudes poderán presentarse entre o día 4 e 20 de outubro de 2013 (ámbolos dous inclusive).
6. NOTIFICACIÓNS DOS ACTOS DERIVADOS DA PRESENTE CONVOCATORIA
Efectuaranse a través de correo electrónico.
7. SELECCIÓN
No proceso de asignación das prácticas garantiranse os principios de publicidade, igualdade, obxectividade e mérito dos aspirantes.
8. CERTIFICACIÓN
O Fondo Galego expedirá unha certificación ao remate das prácticas onde se fará constar a avaliación correspondente.
9. RELACIÓN
As prácticas non terán en ningún caso carácter laboral nin a consideración de contrato en prácticas, aprendizaxe, tempo parcial ou calquera outra modalidade existente.
Fondo Galego, 4 de outubro de 2013