O Fondo Galego dálle a benvida ao Concello de Pantón cunha xuntanza da Comisión Executiva

O Fondo Galego dálle a benvida ao Concello de Pantón cunha xuntanza da Comisión Executiva

O Fondo Galego dálle a benvida ao Concello de Pantón cunha xuntanza da Comisión Executiva 1215 985 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

A Comisión Executiva do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade celebrou esta mañá a primeira xuntanza presencial do ano no Concello de Pantón, en sinal de agradecemento pola súa recente adhesión a esta rede de administracións locais e provinciais comprometidas coa loita contra a pobreza e as desigualdades a nivel global. Pantón foi o primeiro municipio en sumarse á asociación municipalista no 2024, reafirmando así o seu compromiso coa defensa dos Dereitos Humanos.

O alcalde José Luis Álvarez brindou un agarimoso acollemento ás e aos dirixentes do Fondo Galego, encabezados polo presidente e alcalde de Nigrán, Juan González, xunto co vicepresidente e concelleiro de Cartelle, Daniel Fernández, e mais o tesoureiro e alcalde das Neves, José Manuel Alfonso, ademais do alcalde de Cuntis, Manuel Campos, e Lara Fernández, concelleira de Viveiro, que ocupan senllas vogalías na entidade.

O obxectivo da xuntanza era preparar a vindeira Asemblea Xeral do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, na que se aprobarán non só o plan de actividades para o presente exercicio, senón tamén as liñas estratéxicas para os próximos catro anos. Tratábase, por tanto, dunha das reunións máis importantes do mandato que acaba de comezar, na que a coordinadora do Fondo Galego, Andrea García, presentou o borrador de ambos os dous documentos, que foron revisados e finalmente aprobados por consenso.

    Este sitio web almacena cookies no seu computador. Estas cookies utilízanse para recompilar información sobre como interactúa co noso sitio web e permítenos lembralo. Utilizamos esta información para mellorar e personalizar a súa experiencia de navegación e para obter estatísticas e métricas sobre os nosos visitantes tanto neste sitio web como noutros medios. Para obter máis información sobre as cookies que utilizamos, pomos a disposición a nosa Política de cookies.
    Máis información