Fomento da xestión e mellora da saúde comunitaria en 15 comunidades rurais

Fomento da xestión e mellora da saúde comunitaria en 15 comunidades rurais 1500 1035 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Esta foi a primeira anualidade dun programa que abarcou un total de cinco anos. O obxectivo era contribuír ao desenvolvemento das capacidades da poboación para diminuír a vulnerabilidade económica, social e ambiental xeradas pola pobreza estrutural. O proxecto abrangueu a 15 comunidades rurais nas que se desenvolveron actividades de capacitación sobre organización, desenvolvemento e xestión comunitaria; procesos de fortalecemento de todos os grupos de interese (principalmente mulleres e mocidade) e intercambios de experiencias entre os mesmos, alén da creación de grupos de saúde nas 15 comunidades, con formación en saúde preventiva e reprodutiva. Realizáronse 1.500 consultas médicas, venta social de medicinas, 90 xornadas de limpeza nas comunidades, desparasitación de nenos e nenas, e mais acondicionamento de clínicas. Tamén se impartiron alfabetización e educación primaria para mocidade e adultos e actividades culturais e deportivas.

    Este sitio web almacena cookies no seu computador. Estas cookies utilízanse para recompilar información sobre como interactúa co noso sitio web e permítenos lembralo. Utilizamos esta información para mellorar e personalizar a súa experiencia de navegación e para obter estatísticas e métricas sobre os nosos visitantes tanto neste sitio web como noutros medios. Para obter máis información sobre as cookies que utilizamos, pomos a disposición a nosa Política de cookies.
    Máis información