O obxectivo central do proxecto foi o fortalecemento institucional das Mercocidades a través da activa participación dos seus socios, para a construción de novos enfoques de intervención que xeren un encontro entre os postulados políticos e as accións específicas. Para iso, leváronse a cabo accións de intercambio, capacitación e cooperación entre cidades da rede Mercosur. Así mesmo, desenvolvéronse estratexias de intervención concretas na busca da complementariedade produtiva.