Saúde e desenvolvemento Labañou-Vilcabamba

Saúde e desenvolvemento Labañou-Vilcabamba 1500 1035 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Unhas 15.000 persoas do distrito de Vilcabamba participaron nas actividades do proxecto, que consistiron, dunha banda, en prestar atención primaria de saúde, dotación de material sanitario e medicinas, formación do persoal sanitario e exame de saúde ás nenas e nenos. Na área veterinaria, contribuíuse á erradicación da epidemia de fasciola hepática na cabana gandeira, saneamento e mellora da crianza de aves e outros animais pequenos, creación dunha farmacia veterinaria e mais á capacitación veterinaria dos campesiños do distrito. En educación, levouse a cabo a dotación de material de apoio escolar para o profesorado, dotación de material escolar a nenos e nenas, irmandamento entre a rapazada de Labañou e a de Vilacabamba mediante cartas, e o financiamento de dúas becas de continuación de estudos en Cuzco. Ademais, incidiuse no desenvolvemento comunitario, dinamización dunha nova organización comunitaria en Vilcabamba, dinamización de asociacións, creación dun centro cívico e capacitación a líderes e lideresas.

    Este sitio web almacena cookies no seu computador. Estas cookies utilízanse para recompilar información sobre como interactúa co noso sitio web e permítenos lembralo. Utilizamos esta información para mellorar e personalizar a súa experiencia de navegación e para obter estatísticas e métricas sobre os nosos visitantes tanto neste sitio web como noutros medios. Para obter máis información sobre as cookies que utilizamos, pomos a disposición a nosa Política de cookies.
    Máis información