Dinamización da agricultura para promover un desenvolvemento sustentable na Cámara de Santa Cruz

Dinamización da agricultura para promover un desenvolvemento sustentable na Cámara de Santa Cruz 2000 1500 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

O propósito deste programa iniciado en 2013 era revitalizar a práctica agrícola e contribuír á xestión eficiente e eficaz da escasa auga potable da que dispón o municipio, eminentemente rural, a través do sistema de rego gota a gota. Coa dinamización da agricultura loitouse tamén contra a pobreza e pola seguridade alimentaria, xa que se garantiu que as familias con menores recursos puideran xerar os seus propios alimentos e mesmo obter algún beneficio da venda dos mesmos nos mercados locais.

Na segunda fase do proxecto, en 2015, formouse a 29 agricultoras e agricultores no rego ‘pinga a pinga’ e noutras prácticas agrícolas que permiten reducir os gastos e a auga empregada. Estímase que os 150 habitantes da localidade de Librão melloraron a súa dieta alimenticia e os seus ingresos grazas aos produtos da horta. Coa instalación deste sistema de irrigación, non só se favoreceu a seguridade alimentaria e a mellora socioeconómica nunha das vilas máis pobres do país, senón que tamén se preservaron as cuncas hidrográficas. Á escaseza de auga na zona, acentuada polo cambio climático, únese a crecente salinidade dos solos, derivada do avance do mar pola extracción de area e pedras para a construción. A esta actividade ilegal e cun forte impacto no medio dedicábanse algunhas das persoas beneficiadas pola iniciativa, entre as que se lles deu prioridade ás xefas de familia con máis fillas e fillos.

    Este sitio web almacena cookies no seu computador. Estas cookies utilízanse para recompilar información sobre como interactúa co noso sitio web e permítenos lembralo. Utilizamos esta información para mellorar e personalizar a súa experiencia de navegación e para obter estatísticas e métricas sobre os nosos visitantes tanto neste sitio web como noutros medios. Para obter máis información sobre as cookies que utilizamos, pomos a disposición a nosa Política de cookies.
    Máis información