O presente proxecto quixo impulsar o fortalecemento municipal e a gobernabilidade democrática a través do incremento da participación cidadá. A proposta promoveu accións de fortalecemento de capacidades no goberno municipal de Totogalpa e nas estruturas comunitarias locais para buscar, dunha forma consensuada, solucións á problemática real das comunidades con alta vulnerabilidade de pobreza.