O terceiro ano do programa de Desenvolvemento Urbano Comunitario tivo como obxectivo empoderar ás mulleres do kebele 17 no suburbio de Arada, e dos kebeles 13 e 14 no suburbio de Yeka, en Addis Abeba (Etiopía). As accións encamiñáronse a mellorar a súa situación económica, educativa e sanitaria. O proxecto naceu da necesidade de evitar que as nenas que viven nestas zonas da cidade teñan que traballar na rúa, ao non ter as súas familias acceso a recursos suficientes que lles permitan estudar e exercer os seus dereitos de infancia. O programa centrouse, sobre todo, nas familias cunha muller soa responsable da unidade familiar. Este proxecto pretendeu evitar que as nenas que viven nos suburbios da cidade de Addis Abeba teñan que traballar na rúa, procurando o seu acceso a recursos suficientes que lles permitisen estudar e exercer os seus dereitos.