Este proxecto formativo tivo como obxectivo principal mellorar a saúde da poboación máis vulnerable (mulleres, infancia e adolescentes), a través da realización de cursos teórico-prácticos para persoal sanitario (médicas/os, enfermeiras/os, matronas, voluntariado no eido da saúde) e profesionais non sanitarios (mergulladoras/es, policía, bombeiras/os, exército), para mellorar a calidade de atención sanitaria. Incluíu tamén a realización de charlas de educación sexual e planificación familiar a adolescentes.