1. OBXETO DA CONVOCATORIA
O FONDO GALEGO DE COOPERACIÓN E SOLIDARIEDADE (www.fondogalego.org) convoca unha praza para a realización de prácticas formativas e non retribuídas.
A devandita formación práctica terá como obxectivo afondar no coñecemento directo do funcionamento da cooperación municipalista, promovendo o desenvolvemento profesional e a inserción laboral no eido da cooperación ao desenvolvemento.
2. DURACIÓN
A duración das prácticas será de 600 horas.
3. REQUISITOS DOS ASPIRANTES
As prácticas están dirixidas a persoas interesadas na cooperación internacional ao desenvolvemento, preferentemente con experiencia nalgún dos seus ámbitos.
4. SOLICITUDES
A solicitude de praza farase por escrito a info@igadi.org, achegando carta de motivación e CV.
5. PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES
As solicitudes poderán presentarse do 1 ata o día 22 de abril de 2013 (ámbolos dous inclusive).
6. NOTIFICACIÓNS DOS ACTOS DERIVADOS DA PRESENTE CONVOCATORIA
Efectuaranse a través de correo electrónico.
7. ADMISIÓN
Unha vez finalizado o prazo de presentación de solicitudes, publicarase na web do Fondo Galego a relación provisoria de aspirantes admitidos e excluídos.
8. SELECCIÓN
No proceso de asignación das prácticas garantiranse os principios de publicidade, igualdade, obxectividade e mérito dos aspirantes.
9. CERTIFICACIÓN
O Fondo Galego expedirá unha certificación ao remate das prácticas onde se fará constar a avaliación correspondente.
10. RELACIÓN
As prácticas non terán en ningún caso carácter laboral nin a consideración de contrato en prácticas, aprendizaxe, tempo parcial ou calquera outra modalidade existente.
Fondo Galego, 27 de marzo de 2013