3. O Fondo Galego celebra a reacción do municipalismo galego que abre as portas dos seus Concellos ás persoas refuxiadas e aproveita a ocasión para reflexionar sobre a capacidade crítica e mobilizadora dos poderes descentralizados: temos moito que dicir neste mundo para promover a paz e a xustiza global.
4. O Fondo Galego acompañará a situación de emerxencia actual traballando coma entidade coordinadora dos esforzos solidarios das entidades socias e do municipalismo galego que desexa facer de Galicia un lugar de acollida, e comprometido cos Dereitos Humanos todos os días do ano.
5. O Fondo Galego ofrece o seu traballo e experiencia para animar a coordinación do diálogo coas distintas administración locais, autonómicas, estatais e comunitarias, que inevitablemente deben participar da construción dunha solución da que non se albisca un final e que precisa plans serios e de longo prazo, que ademais dunhas condicións de vida digna para as persoas refuxiadas trace rutas de saída e inserción social, educativa, laboral…
6. O Fondo Galego solicita á UE e ao Estado español non máis escusas e retrasos na acollida de persoas refuxiadas, xunto a medidas eficaces de promoción da paz: solicitamos compromisos serios e non oportunistas coa Declaración de Dereitos Humanos.