A Asemblea do Fondo Galego ratificará o 29 de setembro a nova Comisión Executiva

A Asemblea do Fondo Galego ratificará o 29 de setembro a nova Comisión Executiva

A Asemblea do Fondo Galego ratificará o 29 de setembro a nova Comisión Executiva 1199 785 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

 

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade pecha o vindeiro martes, 29 de setembro, o ciclo 2011-2015 e abre a lexislatura 2015-2019 cunha Asemblea Xeral na que se someterá a aprobación a composición da nova Comisión Executiva, proposta pola saínte. Representantes dos 85 concellos e das deputacións da Coruña e Lugo, como socios da entidade, están chamados a participar na xuntanza que se celebrará en Santiago de Compostela, na sede da Fegamp (Área Central, Rúa Varsovia, 4C, 6ª planta), ás 12 horas en primeira convocatoria e ás 12.30 horas en segunda. No entanto, as administracións locais e provinciais que aínda non se integraron no Fondo están tamén convidadas a achegarse para coñecer de primeira man o seu traballo e decidirse a facer parte da rede solidaria do municipalismo galego.

A sesión dará comezo co balance dos últimos catro anos, presentado pola presidenta en funcións, Teresa París. Votarase logo a renovación da Executiva, para dar paso por último ao apartado de rogos e preguntas. Neste punto, exporanse as opinións ao respecto da actual crise migratoria e de persoas refuxiadas, que ademais servirán de guía para tomar futuras decisións neste senso. O Fondo Galego xa publicou unha declaración institucional arredor desta cuestión que os socios poden facer súa.

As políticas e políticos designados como enlace co Fondo Galego en cada unha das deputacións e concellos socios están convocados á Asemblea, aínda que poden delegar noutra ou noutro representante político ou técnico. Prégase confirmación ou escusa da asistencia no enderezo info@igadi.org ou no teléfono 698 144 536, aínda que se trata dunha xuntanza clave, polo que a participación é especialmente relevante nesta ocasión. Ao tempo, lémbrase a aquelas administracións socias que aínda non comunicaron as designacións oficiais das súas ou dos seus representantes, que o fagan á maior brevidade posible. O seu compromiso é fundamental para incorporar a defensa dos Dereitos Humanos na axenda local, xa que somos unha rede de institucións e persoas!

Convocatoria e orde do día
Proposta CE 2015-2019

    Este sitio web almacena cookies no seu computador. Estas cookies utilízanse para recompilar información sobre como interactúa co noso sitio web e permítenos lembralo. Utilizamos esta información para mellorar e personalizar a súa experiencia de navegación e para obter estatísticas e métricas sobre os nosos visitantes tanto neste sitio web como noutros medios. Para obter máis información sobre as cookies que utilizamos, pomos a disposición a nosa Política de cookies.
    Máis información