O espazo resume o evento central celebrado o 30 de novembro en Santiago de Compostela, que incluíu a presentación dun audiovisual realizado pola Asociación Galega de Reporteiros Solidarios.
O programa que se emite en Agareso Radio recolle o son dos relatorios das VII Xornadas de Cooperación, dos vídeos protagonizados polo voluntariado de Vacacións con Traballo e dos contos da Tropa de Trapo.
O acto conducido pola actriz Mariana Carballal, e ao que asistiron diversas persoeiras e persoeiros, serviu para reafirmar que os Dereitos Humanos non son unha idea lixo.
Preme aquí para acceder ao podcast de 'Voces con Fondo'