'Voces con Fondo' conversa nesta edición con Filipa Petrucci, da ONGD lusa Instituto Marquês de Valle Flôr, e Sofía Atalaia, da Cámara de Loures. Ambas as dúas técnicas explicaron os avances do proxecto europeo na última Asemblea xeral do Fondo Galego, da que Agareso Radio tamén fai balance.
O espazo debulla ademais a nova convocatoria de Vacacións con Traballo, o programa de voluntariado internacional do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, dirixido a persoal das Deputacións e Concellos socios.
As noticias breves resumen, entre outros temas, a convocatoria de subvencións para axentes de cooperación galegos e o concurso de fotografía Imaxes con Fondo. A axenda de actividades e o libro e mais o filme recomendados pechan a edición. Esta vez seleccionamos o ensaio '¿Por qué ha fracasado la paz? Claves para entender el conflicto palestino-israelí', mentres que a película escollida foi 'Unha verdade incómoda', o documental sobre o cambio climático de Al Gore.
Preme aquí para acceder ao podcast de 'Voces con Fondo'