Escoitaremos tamén as persoas beneficiarias desta actuación que mellora as condicións de habitabilidade e salubridade de once familias chorotegas en Totogalpa.
O espazo que se emite na canle online da Asociación Galega de Reporteiros Solidarios dá conta asemade do Encontro 'Institucións locais e solidariedade' co PSdeG, no que participaron ademais ONGD galegas, e que proximamente se organizará tamén co Partido Popular e o e BNG.
Nesta nova edición de 'Voces con Fondo' non faltan as novas máis recentes da cooperación municipalista, a axenda de actividades para as vindeiras semanas e a recomendación dunha publicación e unha película. Nesta ocasión, trátase do libro 'O dereito á equidade. Ética e mundialización social', e do audiovisual 'En son de Paz', editado polo Seminario Galego de Educación para a Paz.
Preme aquí para acceder ao podcast de 'Voces con Fondo'