‘Voces con Fondo’ analiza a crise humanitaria no Corno de África en Agareso Radio

‘Voces con Fondo’ analiza a crise humanitaria no Corno de África en Agareso Radio

‘Voces con Fondo’ analiza a crise humanitaria no Corno de África en Agareso Radio 185 88 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

A situación no Corno de África centra unha nova entrega de 'Voces con Fondo', o programa do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade en Agareso Radio. Coa participación das ONGD Farmamundi Galicia e Implicadas no Desenvolvemento, analízanse as causas da grave crise humanitaria e as posibles vías de solución, ademais de informar sobre os proxectos que ambas as dúas organización impulsan na zona.
 

As últimas novas sobre a cooperación municipalista e a axenda de actividades solidarias nas Deputacións e Concellos socios do Fondo Galego teñen tamén o seu oco neste espazo que se pode escoitar a través da emisora online da Asociación Galega de Reporteiros Solidarios, no web www.agareso.org. Non faltan tampouco as recomendacións tiradas do VideoFondo e o BiblioFondo, que nesta ocasión son a película 'Mona Lisa smile' e o ensaio 'Economía para el desarrollo, lecturas desde una perspectiva crítica'.

Preme aquí para acceder ao último podcast de 'Voces con Fondo'.

    Este sitio web almacena cookies no seu computador. Estas cookies utilízanse para recompilar información sobre como interactúa co noso sitio web e permítenos lembralo. Utilizamos esta información para mellorar e personalizar a súa experiencia de navegación e para obter estatísticas e métricas sobre os nosos visitantes tanto neste sitio web como noutros medios. Para obter máis información sobre as cookies que utilizamos, pomos a disposición a nosa Política de cookies.
    Máis información