Vacacións con Traballo oferta senllas prazas para cooperar en Cabo Verde e Nicaragua

Vacacións con Traballo oferta senllas prazas para cooperar en Cabo Verde e Nicaragua

Vacacións con Traballo oferta senllas prazas para cooperar en Cabo Verde e Nicaragua 1600 1063 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

As técnicas e técnicos das Deputacións e Concellos socios do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade poden presentar desde hoxe, día 15 de maio, a súa candidatura para participar en Vacacións con Traballo. A oitava edición deste programa de voluntariado internacional oferta una praza para colaborar en Nicaragua co Instituto de Promoción Humana-Somoto en materia de turismo, e outra para apoiar á Cámara Municipal de Porto Novo, en Cabo Verde, na área de igualdade de xénero.

Trátase de dous perfís prioritarios que, en función das solicitudes presentadas, poden non ser eliminatorios, polo que se recomenda a calquera persoa interesada nas Vacacións con Traballo 2013 que, antes do vindeiro 14 de xuño, envíe o seu currículo canda unha carta de motivación ao enderezo electrónico dpalau@igadi.org.

A participación está aberta a toda persoa vinculada á administración local, o único requisito imprescindible é que o Concello ou Deputación en cuestión pertenza ao Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Valoraranse positivamente os vencellos co eido da cooperación e o coñecemento do medio e país de destino.

Xa está dispoñible ademais a publicación dixital que recompila os testemuños das catro técnicas que en 2012 investiron o seu mes de vacacións colaborando en Nicaragua, Cabo Verde e Cuba: Lucía González (Concello de Ourense), Cristina Santos (Concello de Malpica), Cristina Vázquez (Concello de Soutomaior) e Sara Besada (Concello de Vilagarcía). A través de textos e fotografías, as catro memorias achégannos a sociedades diferentes e aos valores da cooperación para o desenvolvemento.

Vacacións con Traballo é un programa de sensibilización que permite o intercambio de coñecementos entre profesionais de Galicia e os parceiros do Fondo Galego nos países empobrecidos. Ao tempo que se toma conciencia desoutras realidades, ofrécese un apoio técnico e refórzanse os proxectos cofinanciados.  As e os participantes implícanse nunha experiencia solidaria na que xa se mergullaron vinte persoas, catro homes e dezaseis mulleres. As reflexións da maioría delas e deles fican recollidas na canle do Fondo Galego en Youtube.

Convocatoria VcT 2013
Caderno de experiencias VcT 2012
Vídeos VcT

    Este sitio web almacena cookies no seu computador. Estas cookies utilízanse para recompilar información sobre como interactúa co noso sitio web e permítenos lembralo. Utilizamos esta información para mellorar e personalizar a súa experiencia de navegación e para obter estatísticas e métricas sobre os nosos visitantes tanto neste sitio web como noutros medios. Para obter máis información sobre as cookies que utilizamos, pomos a disposición a nosa Política de cookies.
    Máis información