Vacacións con Traballo centra o Plan 2015 que se exporá ante a Asemblea o 31 de marzo

Vacacións con Traballo centra o Plan 2015 que se exporá ante a Asemblea o 31 de marzo

Vacacións con Traballo centra o Plan 2015 que se exporá ante a Asemblea o 31 de marzo 1199 697 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade


Representantes das administracións locais e provinciais socias do Fondo Galego están chamadas e chamados a participar o vindeiro 31 de marzo na primeira Asemblea xeral ordinaria do ano. A cita é na sede da Fegamp (Área Central, Rúa Varsovia, 4C, 6ª planta), en Santiago de Compostela, ás 11.15 horas en primeira convocatoria e ás 11.30 horas en segunda.

No encontro presentarase o Plan de actividades para 2015, que xirará arredor do décimo aniversario de Vacacións con Traballo. O programa de voluntariado internacional dirixido a persoal das deputacións e concellos socios do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade triplicará este ano o número de prazas das últimas edicións. Tamén se exporá o orzamento previsto para o presente exercicio e someterase a aprobación o balance económico do pasado ano.

No transcurso da xuntanza amosarase ademais a Memoria 2014, que baixo o título 'Os Obxectivos do Milenio: Fin e Principios' recolle o que deu de si a pasada anualidade, desde os proxectos de cooperación internacional ata as actividades de sensibilización en Galicia, pasando polas relacións institucionais, a comunicación ou os datos contables.

Ás 13 horas, unha vez finalizada a Asemblea, terá lugar no mesmo espazo a presentación do proxecto Causas Comúns, a prol dos Dereitos Humanos tanto en África como en Europa. O acto contará coa participación de Boubakar Djalo, presidente da ONGD ECAS, de Guinea Bissau, e mais do fotógrafo Gabriel Tizón e da traballadora social Rocío Botana, que desenvolveron parte do proxecto no país lusófono. O evento está aberto a toda a cidadanía, polo que se agradece a súa difusión.

Convocatoria e orde do día
Información sobre Causas Comúns

Back to top
Este sitio web almacena cookies no seu computador. Estas cookies utilízanse para recompilar información sobre como interactúa co noso sitio web e permítenos lembralo. Utilizamos esta información para mellorar e personalizar a súa experiencia de navegación e para obter estatísticas e métricas sobre os nosos visitantes tanto neste sitio web como noutros medios. Para obter máis información sobre as cookies que utilizamos, pomos a disposición a nosa Política de cookies.
Máis información