Un equipo de Agareso prepara en Cabo Verde o documental sobre o Fondo Galego

Un equipo de Agareso prepara en Cabo Verde o documental sobre o Fondo Galego

Un equipo de Agareso prepara en Cabo Verde o documental sobre o Fondo Galego 1024 768 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

O cámara Xacobe González.Un equipo da Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso) áchase esta semana en Cabo Verde para recoller o material audiovisual que centrará o próximo documental sobre o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. A redactora Mónica González e o cámara Xacobe González están a realizar numerosas entrevistas e filmacións sobre os proxectos apoiados no arquipélago, onde se concentrou boa parte do traballo dos últimos anos.

Este desprazamento a terreo encádrase na colaboración establecida entre ambas as dúas entidades para visibilizar o labor da asociación municipalista, principalmente a través dun documento audiovisual. A peza amosará non só os proxectos impulsados no Sur, senón tamén as actividades de sensibilización realizadas no Norte, ademais de explicar que é o Fondo Galego de Cooperación e cales son os seus obxectivos.

Diversos voluntarios e voluntarias profesionais de Agareso están a participar na preparación deste documental, entre eles os xornalistas Miguel Caruncho e Saraih Lago. Está previsto que se estree o próximo ano, coincidindo coa conmemoración do XV aniversario do Fondo Galego, cunha campaña de difusión que permita achegar á cidadanía os resultados da cooperación descentralizada promovida polas Deputacións e Concellos socios.

    Este sitio web almacena cookies no seu computador. Estas cookies utilízanse para recompilar información sobre como interactúa co noso sitio web e permítenos lembralo. Utilizamos esta información para mellorar e personalizar a súa experiencia de navegación e para obter estatísticas e métricas sobre os nosos visitantes tanto neste sitio web como noutros medios. Para obter máis información sobre as cookies que utilizamos, pomos a disposición a nosa Política de cookies.
    Máis información