Un audiovisual amosa o proxecto de vivendas apoiado polo Fondo Galego en Nicaragua

Un audiovisual amosa o proxecto de vivendas apoiado polo Fondo Galego en Nicaragua

Un audiovisual amosa o proxecto de vivendas apoiado polo Fondo Galego en Nicaragua 1500 1035 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade destinou a esta actuación 6.190 euros aos que se suman os  52.000 euros achegados polo Concello de Vigo.

O vídeo amosa como a intervención mellorou as condicións de vida das persoas beneficiarias, que contribuíron con recursos e man de obra. Falan o responsable dos traballos e  representantes da municipalidade de Totogalpa, pero tamén a propia poboación chorotega de San José de Palmira. O proxecto levaba aparellada a capacitación en agroecoloxía e autoconstrución, amais de obradoiros de saúde e hixiene.

No vídeo explícase que a mellora da habitabilidade minguará a incidencia de enfermidades coma o Mal de Chagas. Instaláronse latrinas e cociñas melloradas que permiten reducir os fumes e o consumo de leña, así como sistemas de captación de auga para regar a horta. Incídese asemade no proceso de selección das familias beneficiarias, priorizando aquelas en situación de extrema pobreza e as nais solteiras.

 

 

    Este sitio web almacena cookies no seu computador. Estas cookies utilízanse para recompilar información sobre como interactúa co noso sitio web e permítenos lembralo. Utilizamos esta información para mellorar e personalizar a súa experiencia de navegación e para obter estatísticas e métricas sobre os nosos visitantes tanto neste sitio web como noutros medios. Para obter máis información sobre as cookies que utilizamos, pomos a disposición a nosa Política de cookies.
    Máis información