Triplícanse as prazas para cooperar con países do Sur nas Vacacións con Traballo

Triplícanse as prazas para cooperar con países do Sur nas Vacacións con Traballo

Triplícanse as prazas para cooperar con países do Sur nas Vacacións con Traballo 1350 901 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade vén de abrir o prazo de solicitudes de Vacacións con Traballo. O programa de voluntariado internacional chega ao seu décimo aniversario triplicando o número de prazas dispoñibles. Sete empregadas/os das administracións locais e provinciais socias da entidade cooperarán durante un mes en Cabo Verde, Nicaragua e Honduras cos parceiros no Sur.

Os perfís solicitados pola Cámara Municipal de Ribeira Grande son os de arquitecta/o e técnica/o en xestión financeira, mentres que a Cámara Municipal de Santa Cruz require os de técnica/o de medio ambiente e responsable de comunicación. A ONGD nicaraguana Instituto de Promoción Humana-Somoto oferta dúas vacantes de técnica/o de turismo. A praza do Golfo de Fonseca está xestionada por Enxeñería sen Fronteiras no marco do proxecto de cooperación para o desenvolvemento financiado polo Fondo Galego, de aí que se priorice a unha/un técnica/o especialista en auga e saneamento ou en calidade da auga.

Alén destes perfís prioritarios, hai outros de interese, polo que se recomenda inscribirse a calquera traballador/a en activo que queira participar. As candidaturas poderán presentarse ata o 12 de maio, enviando ao enderezo electrónico comunicacion@fondogalego.org o currículo e unha carta de motivación persoal, canda un escrito de apoio ou consentimento asinado pola/o representante política/o do Fondo Galego no concello ou deputación. Valorarase a vinculación co eido da cooperación, a participación na Rede Municipalista Solidaria e o coñecemento do país de destino.

As viaxes desenvolveranse no último cuadrimestre do ano e a organización cubre os gastos de desprazamento, aloxamento e manutención. Desde terreo, o voluntariado visibiliza a través dun blog a realidade do Sur e as súas propias vivencias, que á volta tamén se recollen nun caderno dixital. Amplifícase así a dimensión sensibilizadora da iniciativa, que fomenta o intercambio de coñecementos ao tempo que promove a solidariedade entre axentes locais. Na última década, trinta persoas participaron das Vacacións con Taballo.

Convocatoria VcT 2015
Vídeos VcT
Cadernos VcT
Blog VcT

    Este sitio web almacena cookies no seu computador. Estas cookies utilízanse para recompilar información sobre como interactúa co noso sitio web e permítenos lembralo. Utilizamos esta información para mellorar e personalizar a súa experiencia de navegación e para obter estatísticas e métricas sobre os nosos visitantes tanto neste sitio web como noutros medios. Para obter máis información sobre as cookies que utilizamos, pomos a disposición a nosa Política de cookies.
    Máis información