Cotas
O actual sistema de cálculo de cotas foi aprobado na Asemblea Xeral do 26 de xuño de 2009. O cálculo realízase do seguinte xeito:
Paso 1. A cantidade base
A cada concello socio asígnaselle unha cantidade base en función do número de habitantes de conformidade co seguinte baremo:
Habitantes | Menosde 3.000 | 3.001 a 5.000 | 5.001 a 10.000 | 10.001 a 15.000 | 15.001 a 20.000 | 20.001 a 50.000 | 50.001 a 100.000 | 100.001 a 300.000 | Máis de 300.001 |
Cantidade base | 180 € | 245 € | 400 € | 515 € | 635 € | 755 € | 875 € | 995 € | 1.115 € |
Paso 2. A cantidade variable
Multiplícase a poboación do concello por 0,03 €, resultando unha cantidade que pode variar de ano a ano, en función das alteracións demográficas da entidade.
Paso 3. O aumento
A cifra resultante da suma da cantidade base e da cantidade variable auméntase nun 10%, se o concello ten 10.000 habitantes ou menos, e nun 20% se o concello ten máis de 10.000 habitantes.
O número de habitantes dun concello vén determinado polas últimas cifras oficiais de poboación dispoñibles (padrón municipal), publicadas polo Instituto Nacional de Estadística (INE).
Estas son as cotas mínimas para integrarse no Fondo. Anímase, en todo o caso, a aumentar esa achega, a fin de irse aproximando ao 0,7% local en cooperación, para converxer co 0,7% que as Nacións Unidas sinalan coma baremo mínimo para acadar ese mundo equilibrado que desexamos.