O espazo que cada mes resume a actualidade da cooperación municipalista en Agareso Radio faise eco tamén do programa Vacacións con Traballo. A arquitecta María José Pérez e o técnico Joaquín Lede, empregada e empregado da Deputación de Pontevedra, falan da súa experiencia colaborando con senllas Cámaras Municipais en Cabo Verde.
'Voces con Fondo' recolle tamén as novas máis recentes da cooperación municipalista e as últimas citas na axenda das actividades de sensibilización. Escóllese asemade un título do VideoFondo, a película 'Auga', e outro do BiblioFondo, o libro 'O mundo pobre'. O programa emítese a través de internet na canle 24h da Asociación Galega de Reporteiros Solidarios, en www.agareso.org.
Preme aquí para acceder ao podcast de 'Voces con Fondo'