Vindeiros eventos

14 Maio 2015
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

As prazas de Vacacións con Traballo 2015 resolveranse o 22 de maio

As prazas de Vacacións con Traballo 2015 resolveranse o 22 de maio 1500 1035 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

O venres día 22 de maio, antes das 15h, anunciaremos a resolución das prazas da convocatoria do programa de voluntariado internacional Vacacións con Traballo, que no 2015 cumpre dez edicións e que o martes 12 pechou o prazo de recepción de solicitudes.

continuar
continuar
13 Maio 2015
O proxecto avanza en Nicaragua.

Amigos da Terra ensina a construír biofiltros de plantas acuáticas para depurar as augas domésticas

Amigos da Terra ensina a construír biofiltros de plantas acuáticas para depurar as augas domésticas 491 318 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

A formación sobre a alternativa dos tratamentos biolóxicos desenvolverase os días 16 e 17 de maio no Centro de Educación Ambiental As Corcerizas.
O curso vincúlase ao proxecto financiado polo Fondo Galego de Cooperación para facilitar o acceso á auga potable a preto de 180 familias empobrecidas.

continuar
continuar
9 Maio 2015
InteRed convida a tecer mentres se debate.

InteRed sesibiliza sobre a realidade das mulleres peruanas a través de encontros para calcetar

InteRed sesibiliza sobre a realidade das mulleres peruanas a través de encontros para calcetar 1199 794 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

As xornadas 'Entretecendo' culminarán cunha acción de yarn bombing na que se cubrirá coa peza elaborada en conxunto a escultura dunha persoeira.
A actividade encádrase no proxecto apoiado polo Fondo Galego de Cooperación para mellorar a atención ás vítimas da violencia de xénero no país andino.

continuar
continuar
3 Maio 2015

Daniel G. Palau: “A importancia do Fondo Galego é ser unha institución que vincula o local co global, para comprendelo e axudar a transformalo”

Daniel G. Palau: “A importancia do Fondo Galego é ser unha institución que vincula o local co global, para comprendelo e axudar a transformalo” 1199 911 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

O secretario do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade estivo nas redes sociais da entidade o pasado xoves 30 de abril para, entre outras cuestións, facer balance dos proxectos e actividades da organización, falar do futuro da mesma -que este mes conclúe a lexislatura 2011-2015- e achegar múltiples razóns para a continuidade do Fondo Galego como "unha maneira de estar…

continuar
continuar
22 Abril 2015
Nas comunidades replicaranse cinco bioxardineiras.

Amigos da Terra e o Fondo Galego facilitan o acceso á auga a 178 familias nicaraguanas

Amigos da Terra e o Fondo Galego facilitan o acceso á auga a 178 familias nicaraguanas 498 296 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

No Día da Terra difúndese o proxecto de cooperación que permitirá mellorar a infraestrutura e o manexo das fontes e fomentar a depuración con bioxardineiras.
En Galicia organizaranse xornadas formativas sobre o tratamento biolóxico dirixidas a persoal técnico municipal, comunidades de montes e público xeral.

continuar
continuar
19 Abril 2015
Traballadoras da cooperativa guatemalteca de materiais de construción.

Cooperativas de Guatemala e Galicia informan sobre economía social en concellos socios

Cooperativas de Guatemala e Galicia informan sobre economía social en concellos socios 1024 680 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Culleredo, San Sadurniño, Begondo e Abegondo son as primeiras vilas que acollen estes encontros con iniciativas locais e coa guatemalteca B'eljuj Q'anil.
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade cofinancia un proxecto con Arquitectura sen Fronteiras para apoiar á cooperativa centroamericana.

continuar
continuar
15 Abril 2015
Caderno Vacacións con Traballo 2014

Publícase online o caderno coas últimas experiencias das Vacacións con Traballo

Publícase online o caderno coas últimas experiencias das Vacacións con Traballo 846 1200 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Cando aínda permanece aberto o prazo para participar na décima edición, as técnicas municipais Emma Teixeira e Estela Iglesias comparten as súas vivencias no Sur.

continuar
continuar
27 Marzo 2015
As presentacións do proxecto Causas Comúns comezaron no Castelo de Santa Cruz (Oleiros).

O proxecto fotográfico Causas Comúns preséntase en Oleiros, Pontevedra e Compostela

O proxecto fotográfico Causas Comúns preséntase en Oleiros, Pontevedra e Compostela 1199 799 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Un representante rexional das ONGD de Guinea Bissau e o fotógrafo Gabriel Tizón expoñen as actividades realizadas no país africano a prol dos Dereitos Humanos.
A iniciativa financiada polo Fondo Galego de Cooperación e o Concello de Pontevedra materialízase en senllas exposicións que xiran por Galicia e Bissau.

continuar
continuar
23 Marzo 2015
Vacacións con Traballo é un intercambio de experiencias.

Triplícanse as prazas para cooperar con países do Sur nas Vacacións con Traballo

Triplícanse as prazas para cooperar con países do Sur nas Vacacións con Traballo 1350 901 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

O persoal das deputacións e concellos socios do Fondo Galego ten ata o 12 de maio para solicitar unha estadía de voluntariado en Cabo Verde, Nicaragua ou Honduras.

continuar
continuar
13 Marzo 2015
Nas actividades as mulleres coñecen os seus dereitos.

InteRed e o Fondo Galego promoven melloras na atención ás vítimas da violencia de xénero en Perú

InteRed e o Fondo Galego promoven melloras na atención ás vítimas da violencia de xénero en Perú 1199 799 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

A iniciativa capacita a lideresas das organizacións indíxenas e sensibiliza aos operadores policiais e xudiciais para que se respecten os dereitos das mulleres.
En Galicia organizaranse encontros para tecer e reflexionar sobre economía feminista que culminarán cun acto de arte urbana para cubrir de la unha estatua.

continuar
continuar
    Este sitio web almacena cookies no seu computador. Estas cookies utilízanse para recompilar información sobre como interactúa co noso sitio web e permítenos lembralo. Utilizamos esta información para mellorar e personalizar a súa experiencia de navegación e para obter estatísticas e métricas sobre os nosos visitantes tanto neste sitio web como noutros medios. Para obter máis información sobre as cookies que utilizamos, pomos a disposición a nosa Política de cookies.
    Máis información