Santo Antão dispón dun Plan de Desenvolvemento cofinanciado polo Fondo Galego

Santo Antão dispón dun Plan de Desenvolvemento cofinanciado polo Fondo Galego

Santo Antão dispón dun Plan de Desenvolvemento cofinanciado polo Fondo Galego 786 355 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

A Asociación de Municipios de Santo Antão presentou no ano que remata o III Plan de Desenvolvemento desta illa caboverdiana, cofinanciado polo Fondo Galego de Cooperación e a Xunta de Galicia. Entre ambas as dúas entidades galegas achegan 41.475 euros á elaboración deste documento que marca as pautas para reducir os índices de pobreza un 20% en catro anos.

A proposta define a acción conxunta a seguir polas Cámaras Municipais do Paul, Porto Novo e Ribeira Grande para promover un desenvolvemento social e económico inclusivo no período 2011-2015. ONGD e asociacións comunitarias participaron co Gabinete Técnico Intermunicipal na elaboración deste texto que reformula as estratexias sectoriais da illa. Deuse así continuidade á planificación insular, paralizada desde 2001 por falta de financiamento e que tan bos resultados deu na década dos 90.

A redacción do III Plan de Desenvolvemento viuse ralentizada no seu día por coincidir coas eleccións parlamentarias, pero finalmente foi posible elaborar este documento que contribuirá á integración das políticas públicas. Para conseguilo, os equipos de traballo prepararon desde o diagnóstico inicial ata as fichas de proxectos en áreas como a agropecuaria, infraestruturas, educación, igualdade, saúde, medio ambiente, auga e saneamento, industria ou cultura.

    Este sitio web almacena cookies no seu computador. Estas cookies utilízanse para recompilar información sobre como interactúa co noso sitio web e permítenos lembralo. Utilizamos esta información para mellorar e personalizar a súa experiencia de navegación e para obter estatísticas e métricas sobre os nosos visitantes tanto neste sitio web como noutros medios. Para obter máis información sobre as cookies que utilizamos, pomos a disposición a nosa Política de cookies.
    Máis información