Resolución do Fondo Galego en relación á convocatoria de 2011 para o financiamento de proxectos de cooperación ao desenvolvemento

Resolución do Fondo Galego en relación á convocatoria de 2011 para o financiamento de proxectos de cooperación ao desenvolvemento

Resolución do Fondo Galego en relación á convocatoria de 2011 para o financiamento de proxectos de cooperación ao desenvolvemento 1500 1035 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

1. Levando en conta os axustes nos orzamentos públicos, que están a supor unha merma económica notable nas Administracións locais.

2. Tendo en consideración que durante o presente ano terán lugar eleccións locais e que, atendendo á experiencia do Fondo Galego, isto conleva dificultades e atrasos na xestión da convocatoria e na consecución de financiamentos complementarios.

Adóptase a seguinte

RESOLUCIÓN

1. Non realizar a convocatoria aberta de 2011 para o financiamento de proxectos de cooperación internacional ao desenvolvemento.

2. Integrar os recursos económicos de 2011 derivados das achegas das entidades asociadas na convocatoria aberta de 2012.

E para que así conste aos efectos oportunos, asinamos a presente resolución na Illa de San Simón (Redondela), a 8 de abril de 2011.

 

 

    Este sitio web almacena cookies no seu computador. Estas cookies utilízanse para recompilar información sobre como interactúa co noso sitio web e permítenos lembralo. Utilizamos esta información para mellorar e personalizar a súa experiencia de navegación e para obter estatísticas e métricas sobre os nosos visitantes tanto neste sitio web como noutros medios. Para obter máis información sobre as cookies que utilizamos, pomos a disposición a nosa Política de cookies.
    Máis información