A actividade estreouse na Estrada cun grupo persoas adultas con discapacidade intelectual nas instalacións da Asociación Galega das Artes. Asistentes aos talleres ocupacionais e artísticos que desenvolve o Concello no centro escola Togariños gravaron un faladoiro onde debaten sobre a igualdade de xénero e a utilidade da arteterapia.
Escoita o faladoiro sobre igualdade e arteterapia
Usuarias e usuarios da asociación Ambar das persoas con diversidade funcional acudiron a outro dos obradoiros impartidos por Agareso. Perante os micrófonos de Radio Boiro, reflexionaron sobre a discapacidade no mundo.
Escoita as reflexións sobre a discapacidade
'Ribeira nas ondas' é o título do espazo realizado no Porriño cun grupo de estudantes de 1º da ESO do CPI da Ribeira, en Torneiros, que reflexionaron sobre o dereito á educación e o ODM 2: acadar o ensino primario universal. As e os asistentes mesmo entrevistaron a orientadora do centro, Eloísa Teijeira, con quen trataron cuestións coma o absentismo escolar.
En Redondela, o obradoiro radiofónico realizouse no IES Mendiño, en Cesantes. O programa final gravouse nas instalacións da radio municipal baixo o título 'Xuntos podemos' coincidindo co 25 de novembro, Día internacional para a erradicación da violencia contra as mulleres. A violencia de xénero, pero tamén o racismo ou a pobreza, no Norte e no Sur, centraron o labor do alumnado.
Rapazas e rapaces de dez anos traballaron en Oleiros arredor do ODM 7: garantir a sostibilidade do medio ambiente. Despois das sesións más teóricas, o grupo gravou unha píldora na que saudaron aos oíntes e explicaron os motivos polos que estaban no obradorio. Tamén prepararon cuñas promocionais e un microespazo onde vincularon cada un dos Obxectivos do Milenio a unha canción.
Escoita as presentacións
Escoita a cuña a prol do medio ambiente
Escoita o microespazo musical sobre os ODM


Escoita a cuña contra o machismo
Escoita o microespazo musical sobre o ODM 3