Preséntase o documental realizado por Agareso sobre o Fondo Galego de Cooperación

Preséntase o documental realizado por Agareso sobre o Fondo Galego de Cooperación

Preséntase o documental realizado por Agareso sobre o Fondo Galego de Cooperación 963 695 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

'O Fondo Galego: Compromiso coa solidariedade' é o título da peza que amosa os proxectos impulsados en Cabo Verde, Cuba e Nicaragua, pero tamén as actividades de sensibilización realizadas en Galicia, amais de explicar a razón de ser da entidade.

Un equipo de voluntariado profesional da Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso) elaborou este traballo que se preestreou a finais do ano pasado na conmemoración do 15º aniversario do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. O cámara Xacobe González e a xornalista Mónica González desprazáronse a Cabo Verde para filmar as actuacións no arquipélago africano, mentres que algunhas imaxes foron enviadas por parceiros desde terreo e outras rodadas en Galicia.

Contribuír á concienciación sobre os desequilibrios Norte-Sur e sobre a importancia da cooperación como ferramenta de cambio, amosando o papel das administracións locais galegas neste eido, é o obxectivo do audiovisual que xorde da colaboración iniciada en 2010 entre Agareso e o Fondo Galego co programa radiofónico 'Voces con Fondo' e que se consolida en 2013 con obradoiros de radio nos Concellos socios para reflexionar sobre os Dereitos Humanos. Ambas as dúas organizacións acreditan na contribución da comunicación á sensibilización, a transparencia e o desenvolvemento.

Tras a edición de 1.000 copias do audiovisual nun dvd que incorpora outros materiais editados con motivo dos 15 anos do Fondo, inícianse agora as presentacións por toda Galicia. A primeira terá lugar no Concello de Pontevedra o luns 22 de abril, no Pazo de Mugartegui ás 20.30 horas, con entrada de balde. A realización do documental contou co apoio económico da Xunta de Galicia.

'O Fondo Galego: compromiso coa solidariedade'
Tráiler CRTVG
Ficha da actividade

Back to top
Este sitio web almacena cookies no seu computador. Estas cookies utilízanse para recompilar información sobre como interactúa co noso sitio web e permítenos lembralo. Utilizamos esta información para mellorar e personalizar a súa experiencia de navegación e para obter estatísticas e métricas sobre os nosos visitantes tanto neste sitio web como noutros medios. Para obter máis información sobre as cookies que utilizamos, pomos a disposición a nosa Política de cookies.
Máis información