O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade someterá á aprobación da Asemblea Xeral o Plan de actividades para 2016. A xuntanza terá lugar na sede da Fegamp (Área Central, Rúa Varsovia, 4C, 6ª planta), en Santiago de Compostela, ás 11 horas en primeira convocatoria e ás 11.30 horas en segunda. Representantes das deputacións e concellos socios están chamados a participar nesta primeira Asemblea convocada pola nova Comisión Executiva.
O presidente do Fondo Galego, Juan González, abrirá a sesión expoñendo o informe de situación da entidade, para pasar logo á aprobación do balance económico de 2015. Darase conta a seguir das últimas altas e baixas de socios e, para rematar, presentarase tanto a planificación coma o orzamento previsto para o presente exercicio.
'O municipalismo galego, aberto a cooperar' e o título do Plan de actividades 2016, que inclúe accións de fortalecemento do Fondo Galego, de sensibilización social fronte as desigualdades, de proxectos de cooperación internacional e de comunicación. Ampliar o número de administracións asociadas, reeditar o concurso fotográfico Imaxes con Fondo, intensificar o traballo en Mozambique ou identificar programas de cooperación son algunhas das actuacións previstas, ao abeiro das Liñas Estratéxicas 2016-2019.