Ponteareas intégrase no Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Ponteareas intégrase no Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Ponteareas intégrase no Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade 1199 799 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Ponteareas formaliza o seu ingreso no Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, rede na que se integran preto de 90 municipios e dúas deputacións que concentran aquí os seus esforzos a prol da cooperación internacional. Tanto o alcalde da vila, Xosé Represas, coma o concelleiro de Servizos Sociais, Manuel Troncoso, destacaron que esta adhesión se encadra nas actuacións municipais que teñen como denominador común a igualdade e a solidariedade.

En base á súa poboación, Ponteareas vai achegar ao ano una cota anual de 1.734 euros, que serán investidos tanto en accións de cooperación internacional como en actividades de sensibilización en Galicia. A adhesión acordouse no pleno de outubro e a ela sumaranse outras accións, xa sexan por iniciativa do Goberno como en colaboración con outras entidades.

Represas apuntou que "o Concello volve a sumarse a este tipo de iniciativas" e que "a aposta polas políticas sociais que demostra o Goberno municipal amplíase coa nosa integración no Fondo Galego de Cooperación", engadiu.

Os concellos que se integran na entidade teñen acceso a actividades coma contacontos, exposicións ou concertos, que serven para promover a defensa dos dereitos humanos. No referente ás accións nos países do Sur, o Fondo Galego vén de apoiar un proxecto a favor da saúde infantil e materna en Mozambique ou a reconstrución dun centro sanitario danado polas inundacións do outono pasado nos campamentos saharauís, entre outras iniciativas.

    Este sitio web almacena cookies no seu computador. Estas cookies utilízanse para recompilar información sobre como interactúa co noso sitio web e permítenos lembralo. Utilizamos esta información para mellorar e personalizar a súa experiencia de navegación e para obter estatísticas e métricas sobre os nosos visitantes tanto neste sitio web como noutros medios. Para obter máis información sobre as cookies que utilizamos, pomos a disposición a nosa Política de cookies.
    Máis información