Entre o 20 e o 22 de setembro celebrarase en New York unha Cimeira internacional de alto nivel sobre os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio, que comezan xa a recta final para a súa consecución, xa que os mesmos están comprometidos para o ano 2015.
Sábese que non serán cumpridos integramente, mais é deber da sociedade civil presionar aos seus dirixentes para que os compromisos non sexan definitvamente esquecidos coa escusa da crise económica: é unha cuestión de mínima xustiza.
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade ao igual que a Confederación de Fondos de Cooperación apoian a iniciativa Fai Ruído, da Campaña do Milenio das Nacións Unidas, polo que incentiva ás súas entidades socias a que se sumen ás iniciativas que se lle propoñen aos Gobernos Locais desde a Campaña do Milenio.
Cumpre sinalar que entidades socias do Fondo Galego como o Concello de Vigo, o Concello de Ourense ou a Deputación de Pontevedra xa asumiron algunhas das iniciativas da Campaña.
Podedes visitar o sitio da campaña: www.sinexcusas2015.org
Podedes visitar o sitio da Cimeira: http://www.un.org/es/mdg/summit2010/