Máis de vinte cativos e cativas asistiron ao obradoiro, acompañados das súas nais e pais. O Belén, ambientado nunha aldea saharauí, elaborouse empregando maioritariamente materiais de refugallo. A actividade, que se realizou na biblioteca municipal, enmárcase na programación deseñada pola administración local para estas datas, segundo indicaron dende o Concello de Manzaneda.