Os encontros dixitais #Alén2015 regresan ao Fondo Galego no ano no que se decide o futuro da cooperación

Os encontros dixitais #Alén2015 regresan ao Fondo Galego no ano no que se decide o futuro da cooperación

Os encontros dixitais #Alén2015 regresan ao Fondo Galego no ano no que se decide o futuro da cooperación 860 1200 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

As conversas online #Alén2015 regresan ás plataformas sociais do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade para reflexionar sobre os resultados obtidos nos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM), que conclúen en decembro deste ano, e abordar as propostas para os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) e o deseño da Axenda de Desenvolvemento Post-2015 que marcarán o compromiso da comunidade internacional por mellorar aspectos prioritarios, como a educación ou a sanidade universal.

O primeiro convidado dos encontros #Alén2015 é Xosé Mª Torres, vogal da Xunta Reitora estatal da ONG Farmamundi e voceiro en materia de patentes. O que fora presidente da Coordinadora Galega de ONGD entre 2005 e 2011, ofrecerá unha perspectiva da cooperación dende o ámbito farmacéutico este xoves 26 de febreiro entre as 16.30 e as 18.30 horas no Facebook (facebook.com/fondogalego) e Twitter (@FondoGalego) da organización.

Para participar no encontro en directo só é preciso formular as preguntas en “comentar”, debaixo da fotografía de Xosé Mª que se subirá ao muro do perfil de Facebook do Fondo Galego ás 16.30 horas deste xoves ou co hashtag #EncontroFarmamundi, no Twitter. Aquelas persoas que non poidan participar en directo, poden deixar as súas dúbidas con carácter previo no Facebook, no espazo reservado a comentarios nos post que anuncien o encontro, nunha mensaxe privada, co citado hashtag ou envialas a: fondogalego@gmail.com.

Novidades #Alén2015
Ao igual que as charlas de 2014, os encontros dixitais do presente ano enmárcanse nas liñas de traballo da entidade municipalista, son mensuais (excepto en agosto, que non haberá conversa) e están protagonizados por axentes da cooperación. Non obstante, introdúcense algunhas novidades:

  • Organízanse pola tarde no canto de pola mañá.
  • As e os internautas poderán suxerir nomes de posibles candidatas ou candidatos para os ciberencontros, sempre e cando cumpran os obxectivos do programa.
  • Quenes participen poderán obter un exemplar da revista Tempo Exterior do Igadi, a que escollan do catálogo; e automaticamente entrarán nun sorteo dun lote de libros, que levaremos a cabo a finais de ano, en decembro, despois da última conversa #Alén2015.

Farmamundi
É unha ONG de cooperación  ao desenvolvemento, acción humanitaria e emerxencia que nace en 1991 en Valencia, onde se sitúa a sede central, “movida polo espírito de traballar para asegurar que a saúde sexa un dereito fundamental”. É a primera organización non lucrativa española especializada no suministro e axuda farmacéutica a organizacións e a países do Sur.

Traballa en colaboración con outras organizacións en terreo, para co-executar os proxectos de cooperación e axuda humanitaria para lograr así chegar aos beneficiarios últimos, ademais de apoiar a cobertura das necesidades máis urxentes en contextos de crises humanitarias. Actualmente, conta con doce delegacións autonómicas e seis sedes internacionais e aglutina máis de 5.000 socios, donantes e colaboradores.

Xosé Mª Torres
Licenciado en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e especialista en Farmacia Industrial e Galénica, na actualidade exerce como farmacéutico comunitario en Ortigueira (A Coruña).

É autor do blog farmacia-rsc.blogspot.com, onde trata temas en torno aos fármacos, a industria farmacéutica, enfermidades, países do Sur, acción social e ética sanitaria. Con carácter paralelo, colabora en artigos e charlas sobre ONGD, patentes e acceso a medicamentos.

    Este sitio web almacena cookies no seu computador. Estas cookies utilízanse para recompilar información sobre como interactúa co noso sitio web e permítenos lembralo. Utilizamos esta información para mellorar e personalizar a súa experiencia de navegación e para obter estatísticas e métricas sobre os nosos visitantes tanto neste sitio web como noutros medios. Para obter máis información sobre as cookies que utilizamos, pomos a disposición a nosa Política de cookies.
    Máis información