Os concellos e deputacións xa poden solicitar actividades para sensibilizar fronte as desigualdades

Os concellos e deputacións xa poden solicitar actividades para sensibilizar fronte as desigualdades

Os concellos e deputacións xa poden solicitar actividades para sensibilizar fronte as desigualdades 1600 583 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Logo de que a Asemblea Xeral do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade aprobara o Plan de Actividades para 2017, ábrese o prazo para que as deputacións e concellos socios soliciten as accións que desexan implementar ao longo do ano. Entre elas, destacan os novos espectáculos teatrais e as exposicións con proxeccións ou actuacións complementarias.

  • Documental 'Dreaming Nicaragua', complementario á exposición 'Nicaragua, o futuro'. O filme, que ofrece un retrato diferente de catro nenos que viven na extrema pobreza en Nicaragua, ofértase en paralelo á montaxe da mostra fotográfica realizada por Felipe Carnotto no país centroamericano. +info
  • Actuación de Batuko Tabanka, complementaria á exposición 'Galicia-Cabo Verde: unha irmandade'. O grupo integrado por mulleres caboverdianas afincadas na Mariña lucense complementa a mostra do fotoxornalista Rober Amado cun concerto no que se intercala información sobre o arquipélago lusófono. +info
  • 'O valo'. Este espectáculo de clown sobre as fronteiras e as persoas refuxiadas foi ideado por Pallasos en Rebeldía a partir da premiada obra homónima de Carlos Labraña. A proposta representa o encontro entre unha nena que foxe da guerra e un rapaz soldado, gardián devoto de fronteiras móbiles. +info
  • 'Contamos todas'. A Tropa de Trapo volve contar historias con música en directo, combinándoas cun obradoiro participativo. O espectáculo está centrado na desigualdade e na violencia de xénero e emprega técnicas do Teatro da Oprimida para representar as propostas do alumnado. +info
  • 'Ti tamén contas'. Os contos e a música da Tropa de Trapo permiten introducir cuestións coma o materialismo, o traballo infantil ou as catástrofes naturais. Logo debátese coas e cos estudantes arredor da relación entre a abundancia e a felicidade, o consumo responsable ou a importancia da cooperación. +info

As administracións socias do Fondo Galego teñen ata o 16 de abril para solicitar as actividades no enderezo comunicacion@fondogalego.org. As únicas propostas que teñen custo para a entidade beneficiaria son as exposicións, xa que se deberá asumir o desprazamento desde o lugar onde se atopen ata a vila correspondente. Asemade, recoméndase seguir a guía de boas prácticas para a posta en marcha das actividades.

    Este sitio web almacena cookies no seu computador. Estas cookies utilízanse para recompilar información sobre como interactúa co noso sitio web e permítenos lembralo. Utilizamos esta información para mellorar e personalizar a súa experiencia de navegación e para obter estatísticas e métricas sobre os nosos visitantes tanto neste sitio web como noutros medios. Para obter máis información sobre as cookies que utilizamos, pomos a disposición a nosa Política de cookies.
    Máis información