Incrementar a educación e a capacitación da poboación feminina era o obxectivo deste proxecto, a través do que se ampliou o centro formativo existente para facilitar o acceso á educación das mozas da provincia de Yamparáez (Bolivia) e reducir así as taxas de analfabetismo feminino. Ao tempo, construíuse unha residencia para acoller a 66 rapazas con maiores dificultades para acceder…
continuarUnhas 15.000 persoas do distrito de Vilcabamba participaron nas actividades do proxecto, que consistiron, dunha banda, en prestar atención primaria de saúde, dotación de material sanitario e medicinas, formación do persoal sanitario e exame de saúde ás nenas e nenos. Na área veterinaria, contribuíuse á erradicación da epidemia de fasciola hepática na cabana gandeira, saneamento e mellora da crianza de…
continuarEsta foi a primeira anualidade dun programa que abarcou un total de cinco anos. O obxectivo era contribuír ao desenvolvemento das capacidades da poboación para diminuír a vulnerabilidade económica, social e ambiental xeradas pola pobreza estrutural. O proxecto abrangueu a 15 comunidades rurais nas que se desenvolveron actividades de capacitación sobre organización, desenvolvemento e xestión comunitaria; procesos de fortalecemento de…
continuarA iniciativa tivo como obxectivo dotar de bicicletas a mestras/es e promotoras/es da comunidade para facilitar os continuos desprazamentos que teñen que realizar, ante a inexistencia de servizo público de transporte. Diminuír o tempo nos desprazamentos axudoulles a levar a cabo o seu traballo con maior puntualidade e a conseguir unha meirande implicación coas comunidades locais nas rexións de San…
continuarO proxecto consistiu na ampliación dunha escola e construción de latrinas para 400 alumnas e alumnos. Contempláronse accións colaterais de reciclaxe do profesorado, así como a implicación dos pais e nais na educación dos seus fillos e fillas, contribuíndo a mellorar o tecido social.
continuar![Obxectivos de Desenvolvemento Sostible [4] Educación de calidade](https://fondogalego.gal/wp-content/uploads/fondogalego-odm-4-educacion-de-calidade-500x500.png)

