O proxecto consistiu en mellorar as condicións de vida da poboación habitante nos campos de persoas refuxiadas de Tindouf, centrándose na efectividade da atención sanitaria a través de dotación de medios materiais. Para iso, levouse a cabo unha campaña de sensibilización entre o persoal sanitario de toda a rede pública de hospitais de Galicia, organización para o aprovisionamento dos materiais,…
continuarUnhas 15.000 persoas do distrito de Vilcabamba participaron nas actividades do proxecto, que consistiron, dunha banda, en prestar atención primaria de saúde, dotación de material sanitario e medicinas, formación do persoal sanitario e exame de saúde ás nenas e nenos. Na área veterinaria, contribuíuse á erradicación da epidemia de fasciola hepática na cabana gandeira, saneamento e mellora da crianza de…
continuarEsta foi a primeira anualidade dun programa que abarcou un total de cinco anos. O obxectivo era contribuír ao desenvolvemento das capacidades da poboación para diminuír a vulnerabilidade económica, social e ambiental xeradas pola pobreza estrutural. O proxecto abrangueu a 15 comunidades rurais nas que se desenvolveron actividades de capacitación sobre organización, desenvolvemento e xestión comunitaria; procesos de fortalecemento de…
continuarA través deste proxecto, mellorouse a saúde das persoas que viven nas contornas dos hospitais Santa Ana de Quillabamba e Santa Rosa de Puerto Maldonado. Ambos os dous hospitais son referencia para unhas 80.000 persoas cada un. Dous equipos de Solidariedade Galega, un cirúrxico e radiolóxico e outro pediátrico e oftalmolóxico, viaxaron a estes hospitais nos meses de outubro e…
continuarLevouse a cabo a construción e equipamento dun centro de atención infantil para atender a bebés desnutridos, dentro dun proxecto integral de desenvolvemento rural comunitario. Deste xeito, promoveuse a prevención de enfermidades en bebés mediante asistencia continuada para as nais xestantes, formación básica das nais en coidados básicos das e dos bebés, capacitación das nais e axentes materno-infantís no funcionamento…
continuarAdquiríronse 30 bicicletas para que as promotoras de saúde da comunidade puideran desprazarse polas distintas aldeas. En cada aldea escolléronse e formáronse mulleres para actuar como lideresas comunitarias na promoción da saúde. A súa función é a de coñecer a fondo a situación das familias, orientalas en hixiene, coidados á infancia e derivalas ao centro de saúde de ser preciso.…
continuarInstaláronse emisoras de radiocomunicación entre poboacións indíxenas para actuacións coordinadas en materia de sanidade e, sobre todo, de seguridade, por ser unha zona onde actúan os grupos de narcoterroristas.
continuar![Obxectivos de Desenvolvemento Sostible [3] Saúde e benestar](https://fondogalego.gal/wp-content/uploads/fondogalego-odm-3-saude-e-benestar-500x500.png)


