Ligazóns para difusión

Share on WhatsApp Share on Telegram Share on LinkedIn

ODS 2: Fame cero

Pórlle fin á fame.

Pórlle fin á fame, lograr a seguridade alimentaria e a mellora da nutrición e promover a agricultura sustentable.

Actividades como a agricultura ou a acuicultura, canda os recursos dos montes e os océanos, permitirían alimentar a todo o planeta, se se xestionaran de maneira axeitada. No entanto, os mares e os bosques están a sufrir un rápido deterioro debido á sobreexplotación e ao cambio climático. É preciso emprender reformas para garantir a nutrición dos 815 millóns de persoas que pasan fame.

Obxectivos de Desenvolvemento Sostible [2] Fame cero
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Desenvolvemento económico e social para o aumento da produción de leite e carne na UBPC Victoria de Girón

Desenvolvemento económico e social para o aumento da produción de leite e carne na UBPC Victoria de Girón 1500 1035 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Programa de tres anos a través do que se buscou o incremento da produción de carne e leite, mellorando o gando vacún e introducindo o bufalino, así coma a habilitación de pastos, sistemas de rego e alimentación do gando, creando novas condicións de traballo para as e os cooperativistas que facilitan a estabilidade e o reasentamento poboacional.

continuar
continuar
Compra de silos de almacenaxe de grans básicos

Compra de silos de almacenaxe de grans básicos

Compra de silos de almacenaxe de grans básicos 2133 1600 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Proxecto que se destinou á compra de silos de almacenaxe para mulleres traballadoras na cooperativa “El Nuevo Amanecer”. Estes silos serviron para saír do autoconsumo, poder almacenar os grans e posteriormente comercializalos.

continuar
continuar
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Instalación dun módulo ovino de raza “corriedale” en Los Molinos

Instalación dun módulo ovino de raza “corriedale” en Los Molinos 1500 1035 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Impulsouse a instalación dun módulo de ovinos da raza “corriedale” a fin de mellorar xeneticamente a raza da zona, incrementando así a produción e produtividade de carne e de lá. Construíuse o correspondente curral, mellorouse o pasto e adquiriuse o equipamento do botiquín veterinario. Así mesmo, contemplouse a adquisición de dous teares industriais para aproveitar a produción de lá e…

continuar
continuar
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Apoio ao desenvolvemento agropecuario e microempresarial a mulleres da área rural e semiurbana do norte dos departamentos de San Salvador e La Libertad

Apoio ao desenvolvemento agropecuario e microempresarial a mulleres da área rural e semiurbana do norte dos departamentos de San Salvador e La Libertad 1500 1035 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

O obxectivo do proxecto era potenciar e fomentar a equidade de xénero nas actividades microempresariais e agropecuarias das socias e socios da cooperativa ACUDE e UCRES. Para logralo, desenvolvéronse xornadas de sensibilización sobre igualdade de xénero en cada unha das 30 comunidades implicadas, charlas sobre o empoderamento das beneficiarias así como de masculinidades dirixidas aos homes. Ademais, financiáronse 69 actividades…

continuar
continuar
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Instalación dun módulo de ovinos de raza “corriedale” na comunidade de Ambulco Grande

Instalación dun módulo de ovinos de raza “corriedale” na comunidade de Ambulco Grande 1500 1035 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Fortalecer á comunidade de Ambulco Grande foi o obxectivo deste proxecto, a través do que se adquiriron 20 femias e 2 machos da raza ovina “corriedale”, co propósito de crear microproxectos con fondos rotatorios para mellorar a calidade de vida da poboación partindo da produción agropecuaria. Así mesmo, construíuse un curral con tres compartimentos, melloráronse os pastos e equipouse o…

continuar
continuar
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Manexo sostible do bosque húmido tropical, apoio á produción agropecuaria e fortalecemento organizativo de comunidades do norte de Esmeraldas

Manexo sostible do bosque húmido tropical, apoio á produción agropecuaria e fortalecemento organizativo de comunidades do norte de Esmeraldas 1500 1035 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

O proxecto contribuíu a frear a destrución dos recursos naturais, que agrava a situación de pobreza da poboación, favorecendo dinámicas de tratamento sostible do bosque e protección do medio ambiente, con aproveitamento económico, especialmente as mulleres. Realizáronse talleres formativos en uso e conservación do bosque, implantación de sistemas agroforestais, resolución de conflitos socio ambientais, rehabilitación de plantacións de cacao, prospeccións…

continuar
continuar
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Promoción económica dos produtores de fabas nas mesetas de Mirebalais e Cayes

Promoción económica dos produtores de fabas nas mesetas de Mirebalais e Cayes 1500 1035 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

A través do proxecto, 200 cultivadoras e cultivadores de fabas de baixos ingresos dos departamentos central e sur do país obtiveron dispoñibilidade de crédito e formación que lles permitiu aumentar a produción e mellorar as condicións de vida.

continuar
continuar
Trillo e panadería

Trillo e panadería

Trillo e panadería 2133 1600 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

A actuación consistiu en construír un muíño para facilitar o traballo das mulleres que teñen que desprazarse para realizar estas tarefas, mellorando así a súa saúde. Tamén se capacitou ás beneficiarias no manexo e comercialización do produto.

continuar
continuar
    Este sitio web almacena cookies no seu computador. Estas cookies utilízanse para recompilar información sobre como interactúa co noso sitio web e permítenos lembralo. Utilizamos esta información para mellorar e personalizar a súa experiencia de navegación e para obter estatísticas e métricas sobre os nosos visitantes tanto neste sitio web como noutros medios. Para obter máis información sobre as cookies que utilizamos, pomos a disposición a nosa Política de cookies.
    Máis información