Ligazóns para difusión

Share on WhatsApp Share on Telegram Share on LinkedIn

ODS 2: Fame cero

Pórlle fin á fame.

Pórlle fin á fame, lograr a seguridade alimentaria e a mellora da nutrición e promover a agricultura sustentable.

Actividades como a agricultura ou a acuicultura, canda os recursos dos montes e os océanos, permitirían alimentar a todo o planeta, se se xestionaran de maneira axeitada. No entanto, os mares e os bosques están a sufrir un rápido deterioro debido á sobreexplotación e ao cambio climático. É preciso emprender reformas para garantir a nutrición dos 815 millóns de persoas que pasan fame.

Obxectivos de Desenvolvemento Sostible [2] Fame cero
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Apoio ao sistema alimentario da Escola 12 de Outubro

Apoio ao sistema alimentario da Escola 12 de Outubro 1500 1035 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

A raíz da visita dunha delegación saharauí a Galicia, o Fondo Galego respondeu ante o agravamento das precarias condicións de vida en que se desenvolve a existencia das persoas refuxiadas acollidas nos campamentos saharauís, mobilizando aos concellos galegos e poñendo a súa conta de emerxencia á disposición dunha campaña para paliar as dificultades en materia de seguridade alimentaria e escaseza…

continuar
continuar
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Instalación dun muíño comunal

Instalación dun muíño comunal 1500 1035 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

O proxecto consistiu na instalación dun muíño comunal que funciona a base de enerxía eléctrica. Nas accións previstas contempláronse a compra do muíño, a instalación eléctrica, a construción da caseta e o equipamento con mesas e bancos.

continuar
continuar
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Cooperativa rural de depósito e distribución de alimentos de uso habitual

Cooperativa rural de depósito e distribución de alimentos de uso habitual 1500 1035 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

A través deste proxecto, e en aras da procura do desenvolvemento local, promoveuse a consolidación dunha cooperativa, ao tempo que se construíu un edificio para servir de almacén de mercancías e dúas pequenas tendas para vender in situ os produtos a distribuír.

continuar
continuar
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Dotación de medios de transporte ás organizacións campesiñas do Movimento dos Trabalhadores Rurais sem Terra do Estado do Piauí

Dotación de medios de transporte ás organizacións campesiñas do Movimento dos Trabalhadores Rurais sem Terra do Estado do Piauí 1500 1035 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

As limitacións do parque móbil das organizacións campesiñas do MST de Brasil orixinaron que non puidesen atender de forma axeitada os proxectos de agricultura desenvolvidos nas comunidades, as escolas e as actividades do sector da saúde. Por tanto, o proxecto buscou incrementar a capacidade institucional, organizativa e loxística do Movimento dos Trabalhadores Rurais sem Terra do Estado do Piauí. Mercáronse…

continuar
continuar
Axuda á formación laboral e educación medioambiental en Cabo Verde

Axuda á formación laboral e educación medioambiental en Cabo Verde

Axuda á formación laboral e educación medioambiental en Cabo Verde 640 480 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

A Illa de Santo Antão foi o escenario deste proxecto, que perseguiu atender necesidades urxentes en tres áreas fundamentais: formación laboral, reciclaxe do funcionariado local e todo o relacionado coa educación medioambiental e promoción das tecnoloxías limpas baseadas no uso de enerxías renovables. Deste xeito, asinouse un acordo de colaboración co Centro de Formación Profesional da illa, promoveuse o “mercado…

continuar
continuar
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Desenvolvemento económico e social para o aumento da produción de leite e carne na UBPC Victoria de Girón – 2ª fase

Desenvolvemento económico e social para o aumento da produción de leite e carne na UBPC Victoria de Girón – 2ª fase 1500 1035 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Programa de tres anos a través do que se buscou o Incremento da produción de carne e leite, mellorando o gando vacún e introducindo o bufalino, así coma a habilitación de pastos, sistemas de rego e alimentación do gando, creando novas condicións de traballo para as e os cooperativistas que facilitan a estabilidade e o reasentamento poboacional.

continuar
continuar
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

As mulleres deseñando o futuro

As mulleres deseñando o futuro 1500 1035 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Vinte mulleres das comunidades Castillo e Castillito, no municipio de Las Sabanas, foron as beneficiarias deste proxecto, a través do que se prepararon 20 parcelas diversificadas co cultivo de fresa, mora e framboesa, para a súa comercialización, sendo elas as donas das terras. A alianza coa Universidade de Nicaragua permitiu realizar investigación nos cultivos e acadar un maior poder de…

continuar
continuar
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Captación de auga para o municipio de Las Sabanas

Captación de auga para o municipio de Las Sabanas 1500 1035 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Un total de 237 familias do municipio de Las Sabanas participaron neste proxecto, que tivo como obxectivo promover e apoiar accións de captación de auga amigables co medio ambiente a fin de garantir unha cantidade suficiente para a obtención de alimentos e consumo diario. Deste xeito, construíronse 10 pozos, instaláronse 120 sistemas de captación de auga e 54 píos para…

continuar
continuar
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Apoio produtivo á muller rural e ao desenvolvemento local no distrito de Junín

Apoio produtivo á muller rural e ao desenvolvemento local no distrito de Junín 1500 1035 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

O proxecto tivo como obxectivo contribuír á mellora da situación socioeconómica da poboación campesiña dese distrito, mediante o apoio á produción agropecuaria, o impulso e fortalecemento da organización das mulleres e a xestión comunitaria, no marco da coordinación e participación das institucións públicas e contribuíndo á definición de estratexias de desenvolvemento distrital. Os principais compoñentes do proxecto foron: asistencia técnica…

continuar
continuar
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Apoio ao desenvolvemento sostible das comunidades indíxenas do municipio de Chuma

Apoio ao desenvolvemento sostible das comunidades indíxenas do municipio de Chuma 1500 1035 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Con este proxecto apoiouse o desenvolvemento agrícola sostible da poboación indíxena do municipio andino de Chuma, na provincia de Muñecas, a través do fortalecemento da Cooperativa Agrícola de Muñecas (CAM), que incluía 22 comunidades empobrecidas. Realizáronse as seguintes actividades: introdución de prácticas de diversificación andina, asesorías técnicas sobre o aprovisionamento de produtos agrícolas e sobre as estratexias de comercialización, capacitación…

continuar
continuar
    Este sitio web almacena cookies no seu computador. Estas cookies utilízanse para recompilar información sobre como interactúa co noso sitio web e permítenos lembralo. Utilizamos esta información para mellorar e personalizar a súa experiencia de navegación e para obter estatísticas e métricas sobre os nosos visitantes tanto neste sitio web como noutros medios. Para obter máis información sobre as cookies que utilizamos, pomos a disposición a nosa Política de cookies.
    Máis información