O II Foro da Cooperación Municipalista da Lusofonía reúne a autoridades locais de 7 países

O II Foro da Cooperación Municipalista da Lusofonía reúne a autoridades locais de 7 países

O II Foro da Cooperación Municipalista da Lusofonía reúne a autoridades locais de 7 países 2560 2560 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Autoridades locais de Galicia, Portugal, Brasil, Guinea-Bissau, Mozambique, Cabo Verde ou São Tomé e Príncipe participarán os días 25 e 26 de novembro no II Foro da Cooperación Municipalista da Lusofonía, que non puido celebrarse en 2020 por mor da pandemia. ‘A localización dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible tras a Covid-19: unha mirada desde o xénero’ é precisamente o título desta edición, organizada polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade co apoio da Xunta de Galicia e en colaboración coa Unión das Cidades Capitais de Lingua Portuguesa (UCCLA).

O encontro, convocado arredor do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, desenvolverase nunha dobre modalidade: virtual a través de videoconferencia e presencial na sala de congresos do Altice Forum Braga (Portugal), en horario de 16:00 a 20:00 segundo a hora galega. As consecuencias do coronavirus sobre as comunidades locais, os retos do municipalismo perante o cambio climático, a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e nenas ou ruralismo e ODS son algúns dos temas que centrarán as mesas de debate, que se complementan con outras presentacións sobre educación para a cidadanía global e sobre a implementación da Axenda 2030 no eido local.

A delegación galega estará integrada por Juan González, alcalde de Nigrán e presidente do Fondo Galego; Odilo Barreiro, concelleiro de Moaña; Paula González, edil de Cabanas; Raquel Caruncho, concelleira de Pontedeume, e Victoria Alonso, deputada de Igualdade da Deputación de Pontevedra, xunto co subdirector xeral de Acción Exterior e Cooperación Transfronteiriza da Xunta de Galicia, Xosé Lago, que intervirá na inauguración. A maiores, representantes de entidades locais ou de redes de municipios dos outros seis países convidados achegarán a súa experiencia. Ademais, marcaranse os próximos pasos da Rede de Autoridades Locais da Lusofonía polos ODS.

As persoas interesadas en asistir ao II Foro da Cooperación Municipalista da Lusofonía, tanto online como presencialmente, poden consultar o programa completo e inscribirse en www.bit.ly/ForoLusofonia. En ambos os dous casos contarase con interpretación galego-portugués e viceversa.

Programa en galego

Programa en portugués

    Este sitio web almacena cookies no seu computador. Estas cookies utilízanse para recompilar información sobre como interactúa co noso sitio web e permítenos lembralo. Utilizamos esta información para mellorar e personalizar a súa experiencia de navegación e para obter estatísticas e métricas sobre os nosos visitantes tanto neste sitio web como noutros medios. Para obter máis información sobre as cookies que utilizamos, pomos a disposición a nosa Política de cookies.
    Máis información