O Fondo Galego saca a contratación a elaboración de plans municipais sobre ODS

O Fondo Galego saca a contratación a elaboración de plans municipais sobre ODS

O Fondo Galego saca a contratación a elaboración de plans municipais sobre ODS 1181 1181 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade vén de publicar o “Prego de prescricións técnicas e administrativas particulares para a contratación dun servizo de elaboración de plans de implementación dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible a nivel local”. A actuación, cofinanciada pola Xunta de Galicia, favorecerá a implantación da Axenda 2030 en tres concellos socios de ata 15.000 habitantes.

O contrato ten por obxecto a realización dos traballos de asistencia técnica para elaborar tanto a análise e diagnose inicial sobre o grao de cumprimento dos 17 ODS fixados por Nacións Unidas como a planificación para contribuír a logralos desde a administración local. O documento final incorporará os diferentes pasos que cada concello debe levar a cabo nos próximos tres anos para avanzar no cumprimento da Axenda 2030.

O orzamento máximo do contrato ascende a 14.883 euros e as propostas deberán recibirse por correo postal certificado ou mensaxería antes das 15 horas do día 15 de setembro na Oficina Técnica do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Ademais da oferta económica, a contratación de persoas en risco de exclusión ou o uso do galego, valorarase a calidade das propostas presentadas, que poderán executarse ata o 21 de decembro. Todos os detalles están dispoñibles no devandito prego.

Por outra parte, os concellos socios do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade teñen tamén ata o 15 de setembro para candidatarse como beneficiarios destras plans de implementación dos ODS a nivel local, para o que deberán cubrir a correspondente ficha de inscrición. Amais do número de habitantes, terase en conta as formacións sobre a Axenda 2030 ás que tivera asistido o persoal político e técnico, así como as iniciativas promovidas no municipio para a consecución destas metas globais.

 

    Este sitio web almacena cookies no seu computador. Estas cookies utilízanse para recompilar información sobre como interactúa co noso sitio web e permítenos lembralo. Utilizamos esta información para mellorar e personalizar a súa experiencia de navegación e para obter estatísticas e métricas sobre os nosos visitantes tanto neste sitio web como noutros medios. Para obter máis información sobre as cookies que utilizamos, pomos a disposición a nosa Política de cookies.
    Máis información