O Fondo Galego reafirma o compromiso coa cooperación internacional no seu 15º aniversario

O Fondo Galego reafirma o compromiso coa cooperación internacional no seu 15º aniversario

O Fondo Galego reafirma o compromiso coa cooperación internacional no seu 15º aniversario 1600 1067 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade reafirmou o compromiso das Deputacións e Concellos socios co desenvolvemento dos países empobrecidos na conmemoración do seu 15º aniversario. O evento, celebrado esta mañá en Santiago de Compostela, contou coa presenza da subdirectora xeral de Cooperación Exterior, Pilar Romero; políticas coma Carmen Gallego, Ana Miranda, Yolanda Díaz ou Camilo Nogueira, ongd, sindicatos e representantes de distintos colectivos.

A presidenta do Fondo Galego, Teresa París, abriu o acto apostando polo valor da cooperación municipalista na defensa dos Dereitos Humanos. De seguido, a Tropa de Trapo emocionou o público co seu contacontos para crear conciencia solidaria. A gala conducida por Mariana Carballal continuou coa presentación do documental sobre o Fondo Galego de Cooperación realizado por voluntariado da Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso).

O evento pechouse coa entrega dos premios do concurso ‘Imaxes con Fondo’, na que participaron diversas actrices e actores galegos. O fotógrafo Jose Romay, gañador da categoría de adultos, recibiu de mans do cómico Isi e das actrices Iolanda Muíños e Rosa Álvarez o seu galardón, unha viaxe a Cabo Verde para realizar un traballo fotográfico sobre os proxectos no país. Ernesto Chao e Mela Casal, pola súa banda, outorgáronlle ao mozo Xiao Aller o premio correspondente á sección xuvenil, unha cámara réflex e un lote de produtos de comercio xusto.

Antes do acto conmemorativo, o Fondo Galego desenvolveu desde primeira hora as VII Xornadas de Cooperación: 15 anos comprometéndonos coa solidariedade. Expertas e expertos de Galicia, Catalunya e Portugal analizaron a cooperación municipalista no mundo e a situación do sistema galego de cooperación diante da crise.

Back to top
Este sitio web almacena cookies no seu computador. Estas cookies utilízanse para recompilar información sobre como interactúa co noso sitio web e permítenos lembralo. Utilizamos esta información para mellorar e personalizar a súa experiencia de navegación e para obter estatísticas e métricas sobre os nosos visitantes tanto neste sitio web como noutros medios. Para obter máis información sobre as cookies que utilizamos, pomos a disposición a nosa Política de cookies.
Máis información