O Fondo Galego propón Ciclos de Cine con Fondo para concienciar sobre as desigualdades

O Fondo Galego propón Ciclos de Cine con Fondo para concienciar sobre as desigualdades

O Fondo Galego propón Ciclos de Cine con Fondo para concienciar sobre as desigualdades 1500 1035 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Cada ciclo consta de varias películas que se agrupan en trece temáticas: migracións e interculturalidade, a loita das mulleres do Sur pola equidade, desigualdades de xénero, ecoloxismo, educación para o desenvolvemento, o colonialismo do continente americano, globalización capitalista e efectos colaterais, historia actual de América Latina, refuxiadas/os políticas/os, pobreza e desigualdades sociais, pacifismo e tolerancia, conflitos actuais e mais dereito á educación.

Tras o visionado de cada filme, realizaríase un debate. Propóñense asemade algunhas accións complementarias e recoméndase organizar canda o ciclo unha das exposicións que oferta o Fondo Galego ou ben unha conferencia con ongd expertas no tema. A formulación completa da actividade pode consultarse aquí.

Back to top
Este sitio web almacena cookies no seu computador. Estas cookies utilízanse para recompilar información sobre como interactúa co noso sitio web e permítenos lembralo. Utilizamos esta información para mellorar e personalizar a súa experiencia de navegación e para obter estatísticas e métricas sobre os nosos visitantes tanto neste sitio web como noutros medios. Para obter máis información sobre as cookies que utilizamos, pomos a disposición a nosa Política de cookies.
Máis información