O Fondo Galego participa no VI Foro Mundial de Desenvolvemento Económico Local en Sevilla

O Fondo Galego participa no VI Foro Mundial de Desenvolvemento Económico Local en Sevilla

O Fondo Galego participa no VI Foro Mundial de Desenvolvemento Económico Local en Sevilla 2048 1536 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Representantes de catro concellos socios do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade participan ata mañá xoves no VI Foro Mundial de Desenvolvemento Económico Local en Sevilla. O encontro, coorganizado polo Fondo Andaluz de Municipios para la Solidaridad Internacional (FAMSI), foi inaugurado o pasado luns pola vicepresidenta primeira do Goberno, María Jesús Montero, entre outras autoridades.

A delegación galega está integrada polo presidente do Fondo Galego e alcalde do Concello de Nigrán, Juan González, e por Ana Núñez, Mario Pillado e Raúl Romero, edís de Tui, Burela e Boiro, respectivamente, xunto co concelleiro da localidade caboverdiana de Tarrafal, Osvaldo Chantre. Ademais de asistir aos debates, a comitiva puido coñecer ao novo presidente da Asociación Nacional de Municipios de Cabo Verde, Fábio Vieira.

O intenso e variado programa do VI Foro Mundial de Desenvolvemento Económico Local explora estratexias innovadoras para enfrontar os desafíos da triple transición (dixital, social e económica), a xustiza social e a economía solidaria, desde unha perspectiva territorial. O evento reúne a uns 3.000 participantes de máis dun cento de países.

Confederación de Fondos
Xuntanza do Consello Confederal da Confederación de Fondos.

Xuntanza do Consello Confederal da Confederación de Fondos.

Juan González participou tamén en Sevilla nunha xuntanza do Consello Confederal da Confederación de Fondos de Cooperación y Solidaridad, onde o Fondo Galego exerce a Vicepresidencia. Durante a reunión, presentouse o logo conmemorativo do 30 aniversario desta entidade, que reúne a 9 fondos de cooperación nos que se integran máis dun milleiro de municipios. Ademais, revisáronse as actividades previstas para 2025, entre as que se inclúen as propostas de colaboración presentadas ao Goberno central, a actualización do manual ‘Municipalismo y solidaridad’ ou a organización do 3º Encontro Estatal de Gobernos Locais e Cooperación Internacional, que terá lugar o 27 e 28 de maio en Gandia (Valencia).

    Este sitio web almacena cookies no seu computador. Estas cookies utilízanse para recompilar información sobre como interactúa co noso sitio web e permítenos lembralo. Utilizamos esta información para mellorar e personalizar a súa experiencia de navegación e para obter estatísticas e métricas sobre os nosos visitantes tanto neste sitio web como noutros medios. Para obter máis información sobre as cookies que utilizamos, pomos a disposición a nosa Política de cookies.
    Máis información