O Fondo Galego destina 100.000 euros a proxectos de ONGD en países do Sur

O Fondo Galego destina 100.000 euros a proxectos de ONGD en países do Sur

O Fondo Galego destina 100.000 euros a proxectos de ONGD en países do Sur 2560 1707 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

As ONGD con sede ou delegación en Galicia teñen ata o 31 de xaneiro para presentar proxectos de cooperación ao desenvolvemento á convocatoria de subvencións que vén de lanzar o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, dotada con 100.000 euros. As bases contemplan posibilidades de adaptación a futuras dificultades na execución derivadas da Covid-19.

Financiaranse actuacións de ata un ano de duración, cun máximo de 25.000 euros. O Fondo Galego asumirá ata o 95% do custo total. Ademais, as propostas aprobadas levarán aparellada unha actividade de sensibilización que se deseñará a posteriori.

En canto aos países de intervención, favoreceranse os considerados prioritarios no IV Plan Director da Cooperación Galega, especialmente os de fala portuguesa. Tamén aqueles que teñan un Índice de Desenvolvemento Humano (IDH) medio ou baixo e os Países Menos Adiantados (PMA).

Os proxectos deberán vincularse asemade coas prioridades transversais da Cooperación Galega, entre as que se atopan a erradicación da pobreza, a equidade de xénero, a loita contra o cambio climático, a defensa dos dereitos humanos ou o fortalecemento institucional e da sociedade civil.

+info: https://fondogalego.gal/convocatoria/

    Este sitio web almacena cookies no seu computador. Estas cookies utilízanse para recompilar información sobre como interactúa co noso sitio web e permítenos lembralo. Utilizamos esta información para mellorar e personalizar a súa experiencia de navegación e para obter estatísticas e métricas sobre os nosos visitantes tanto neste sitio web como noutros medios. Para obter máis información sobre as cookies que utilizamos, pomos a disposición a nosa Política de cookies.
    Máis información