O Fondo Galego dá a coñecer en trece concellos a grave situación das nenas e nenos soldados

O Fondo Galego dá a coñecer en trece concellos a grave situación das nenas e nenos soldados

O Fondo Galego dá a coñecer en trece concellos a grave situación das nenas e nenos soldados 1199 583 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Dar a coñecer a grave problemática da utilización de menores en conflitos armados é o obxectivo das charlas e a exposición que baixo o título 'As nenas e nenos soldados' desenvolve o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade ao longo deste ano en trece concellos socios. Na actualidade calcúlanse nuns 250.000 os cativos e cativas que son explotados nas guerras de 18 países.

Estes son algúns dos datos que Roberto Mansilla, analista do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (Igadi), lle achegou esta semana a alumnado do IES Tomiño. A actividade reeditarase ao longo deste ano en Allariz, Arteixo, Caldas de Reis, Cambre, Corcubión, Culleredo, Ferrol, Monforte de Lemos, O Barco de Valdeorras, O Porriño, Poio  e Verín.

A utilización de menores de idade en conflitos armados non se reduce a envialos á fronte de batalla, senón que tamén se estende a labores de vixilancia, mensaxería e mesmo espionaxe. As nenas son ademais a miúdo empregadas como cociñeiras e escravas sexuais. A vulnerabilidade psicolóxica das rapazas e rapaces predisponos ao adoutrinamento e ao cumprimento de ordes. O recrutamento forzoso impídelles acceder á educación e obrígaselles a cometer atrocidades, xerando consecuencias que persisten unha vez rematada a guerra, pois a falta de investimento na rehabilitación fai que moitas e moitos menores rematen por recorrer logo á delincuencia e á prostitución.

Sobre estas situacións chama tamén a atención a mostra 'As nenas e nenos soldados' do artista senegalés Momar Badiane, que denuncia a través dunha serie de debuxos a situación das nenas e nenos combatentes e convida a reflexionar sobre ela. A ONU, apoiándose na campaña da Coalición para acabar co uso das nenas e nenos soldados, adoptou no ano 2000 un tratado internacional que establece como idade mínima de recrutamento os 18 anos, así como a obriga por parte dos Estados de axudar á reinserción. Ata hoxe foi ratificado por 120 países.

Back to top
Este sitio web almacena cookies no seu computador. Estas cookies utilízanse para recompilar información sobre como interactúa co noso sitio web e permítenos lembralo. Utilizamos esta información para mellorar e personalizar a súa experiencia de navegación e para obter estatísticas e métricas sobre os nosos visitantes tanto neste sitio web como noutros medios. Para obter máis información sobre as cookies que utilizamos, pomos a disposición a nosa Política de cookies.
Máis información