O Fondo Galego convoca a Asemblea Xeral para o Día Mundial da Saúde

O Fondo Galego convoca a Asemblea Xeral para o Día Mundial da Saúde

O Fondo Galego convoca a Asemblea Xeral para o Día Mundial da Saúde 2560 1784 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Coincidindo co Día Mundial da Saúde, un tema sempre fundamental pero aínda máis neste último ano de pandemia, o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade celebrará o mércores 7 de abril, ás 10 horas, a Asemblea Xeral de entidades socias. A xuntanza realizarase a través de videoconferencia e nela están chamadas a participar as persoas representantes dos 98 concellos e as tres deputacións que forman parte da nosa rede.

A orde do día inclúe cuestións tan relevantes como a resolución da convocatoria de axudas a ONGD para proxectos de cooperación ao desenvolvemento, dotada con 100.000 euros. Recibíronse doce propostas centradas en dez países de Latinoamérica e África, destacando Nicaragua e Guinea-Bissau, mentres que os principais sectores de actuación foron auga e saneamento e mais medio ambiente. A comisión avaliadora dos proxectos estivo conformada por persoal técnico dos concellos da Guarda, Burela, Cabanas, Guitiriz, Viana do Bolo e do propio Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Así mesmo, as técnicas fixeron achegas para o protocolo de funcionamento da propia comisión, que tamén deberá ser ratificado na Asemblea.

No encontro toca, asemade, facer balance do pasado exercicio, presentando tanto as contas como a memoria, que vén de ser publicada cun novedoso formato. Do mesmo xeito, someterase a aprobación o Plan de Actividades e mais o orzamento para 2021. Levaranse tamén ante os socios as instrucións de contratación que rexerán a partir de agora no Fondo Galego, previamente supervisadas pola asesoría xurídica, así como a solicitude de declaración de utilidade pública. Ademais, está previsto ratificar as novas altas e os leves cambios na configuración da Comisión Executiva.

Back to top
Este sitio web almacena cookies no seu computador. Estas cookies utilízanse para recompilar información sobre como interactúa co noso sitio web e permítenos lembralo. Utilizamos esta información para mellorar e personalizar a súa experiencia de navegación e para obter estatísticas e métricas sobre os nosos visitantes tanto neste sitio web como noutros medios. Para obter máis información sobre as cookies que utilizamos, pomos a disposición a nosa Política de cookies.
Máis información