O Fondo Galego contribuíu á recuperación dun Concello ecuatoriano tras o terremoto

O Fondo Galego contribuíu á recuperación dun Concello ecuatoriano tras o terremoto

O Fondo Galego contribuíu á recuperación dun Concello ecuatoriano tras o terremoto 1299 812 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

O terremoto de 7,8 graos que deixou 673 persoas mortas en Ecuador é unha das principais catástrofes rexistradas no ano que remata. O  Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade contribuíu a paliar as súas consecuencias cofinanciando a reposición dos sistemas informáticos do Concello de Jama, a segunda cidade máis afectada polo sismo, a pouco máis de 50 km do seu epicentro.

Faleceron 27 veciñas e veciños, dun total de 23.250, e o 85% dos edificios quedaron inutilizables. Entre eles, a propia Casa Consistorial, onde urxía ademais recuperar os sistemas informáticos. Estes resultan esenciais para o bo funcionamento dunha institución clave para minguar os efectos do desastre e impulsar á recuperación da zona e das súas xentes. O Fondo Galego achegou 8.000 euros para a súa adquisición, instalación e configuración e o Fons Català de Cooperació al Desenvolupament contribuíu con 2.000. A responsable de América Latina nesta entidade, Victòria Planas, visitará no primeiro trimestre de 2017 diversos concellos galegos para dar conta da actuación, que avaliou sobre o terreo.

O propio Concello de Jama puxo 16.382 euros para levala a cabo e tamén colaborou a Asociación Latinoamericana para a Integración dos Inmigrantes (ALII), que foi a encargada de mercar os equipos e asegurarse de que chegaran ao goberno local nas condicións axeitadas. Trátase dunha entidade catalá promovida por migrantes latinos, entre os que hai moitos do Ecuador, de xeito que a intervención inclúe así unha compoñente de codesenvolvemento.

Back to top
Este sitio web almacena cookies no seu computador. Estas cookies utilízanse para recompilar información sobre como interactúa co noso sitio web e permítenos lembralo. Utilizamos esta información para mellorar e personalizar a súa experiencia de navegación e para obter estatísticas e métricas sobre os nosos visitantes tanto neste sitio web como noutros medios. Para obter máis información sobre as cookies que utilizamos, pomos a disposición a nosa Política de cookies.
Máis información