O Fondo Galego contribúe a mellorar a alimentación de 186 escolares en Guatemala

O Fondo Galego contribúe a mellorar a alimentación de 186 escolares en Guatemala

O Fondo Galego contribúe a mellorar a alimentación de 186 escolares en Guatemala 1600 1200 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade contribuirá a mellorar a alimentación de 186 nenas e nenos do municipio guatemalteco de Jocotán mediante a instalación de hortas en tres centros de Primaria. A asociación de concellos e deputacións financia con 15.000 euros este proxecto impulsado por Solidariedade Internacional de Galicia, que implicará a alumnado, docentes e familias indíxenas na produción agroecolóxica para acadar menús escolares máis nutritivos e saudables.

En Jocotán, a taxa de pobreza chega ao 82% e a desnutrición crónica afecta ao 67% da poboación. Ademais, o municipio localízase no Corredor Seco Centroamericano, afectado por fenómenos climáticos extremos como secas prolongadas e graves inundacións. O proxecto, que ten á asociación Mejorha como socio sobre o terreo, estase a desenvolver nas comunidades de Tierra Blanca, Plan Candelero e El Nanzal, pertencentes á etnia maia ch’orti’. Trátase pois dun contexto de alta vulnerabilidade, no que é preciso garantir a seguridade alimentaria e impulsar o desenvolvemento rural.

Para isto, alén de mercar sementes, abonos e ferramentas, estanse a levar a cabo obradoiros teórico-prácticos sobre horticultura, especies autóctonas ou hixiene alimentaria e preparación de receitas nutritivas. Estas formacións permitirán mellorar os coñecementos do profesorado, das familias e das persoas voluntarias que se encargan de preparar os menús escolares, para o que terán máis hortalizas, herbas e froitas dispoñibles. Ao tempo, as e os estudantes verán reforzados os contidos da materia de Ciencias Naturais.

Back to top
Este sitio web almacena cookies no seu computador. Estas cookies utilízanse para recompilar información sobre como interactúa co noso sitio web e permítenos lembralo. Utilizamos esta información para mellorar e personalizar a súa experiencia de navegación e para obter estatísticas e métricas sobre os nosos visitantes tanto neste sitio web como noutros medios. Para obter máis información sobre as cookies que utilizamos, pomos a disposición a nosa Política de cookies.
Máis información