O Fondo Galego celebra a Asemblea xeral ordinaria o 27 de marzo en Compostela

O Fondo Galego celebra a Asemblea xeral ordinaria o 27 de marzo en Compostela

O Fondo Galego celebra a Asemblea xeral ordinaria o 27 de marzo en Compostela 1600 1067 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

A vindeira Asemblea xeral ordinaria do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade terá lugar o vindeiro martes 27 de marzo na sede da Fegamp (edificio Área Central, rúa Varsovia 4C, 6º andar), ás 12.15 horas en primeira convocatoria e ás 12.30 horas en segunda. Aquelas políticas e políticos que non poidan asistir, poderán delegar a súa participación nunha técnica ou técnico, ou noutro representante do Concello ou Deputación.

O Fondo, a maior rede sectorial do municipalismo galego, terá nesta lexislatura que consolidar o seu proxecto colectivo. O Fondo é un exemplo para mancomunar servizos, servizos que a cidadanía reclama, como a solidariedade, presente en todas as investigacións sobre demandas cidadás. Eficacia, eficiencia, calidade, e sustentabilidade, foron os criterios fundacionais do Fondo e agora teñen máis sentido que nunca.

O sentido do realismo sempre marcou o accionar da asociación municipalista: o sistema de cotas mínimas permite participar desde o simbólico a socios de todos os tamaños, sumando grao a grao os esforzos duns e doutros, nunha suma que actualmente é modelo de traballo para a cooperación local en Portugal e Alemaña.

Deste xeito, tras abrir a asemblea co informe de situación da Comisión Executiva, unha delegación do Instituto Marquês de Valle Flôr achegarase desde Lisboa para presentar 'Redes para o desenvolvemento', proxecto no que o Fondo Galego asesora a estes países na promoción das súas redes de cooperación descentralizada. Tamén se someterá a aprobación o balance económico de 2011 e a ratificación de baixas.

Convocatoria e orde do día

    Este sitio web almacena cookies no seu computador. Estas cookies utilízanse para recompilar información sobre como interactúa co noso sitio web e permítenos lembralo. Utilizamos esta información para mellorar e personalizar a súa experiencia de navegación e para obter estatísticas e métricas sobre os nosos visitantes tanto neste sitio web como noutros medios. Para obter máis información sobre as cookies que utilizamos, pomos a disposición a nosa Política de cookies.
    Máis información