O Fondo Galego achega boas prácticas de mobilidade sostible no peche do proxecto AcessoCidades en Brasil

O Fondo Galego achega boas prácticas de mobilidade sostible no peche do proxecto AcessoCidades en Brasil

O Fondo Galego achega boas prácticas de mobilidade sostible no peche do proxecto AcessoCidades en Brasil 1600 720 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

O presidente do Fondo Galego e alcalde de Nigrán, Juan González, participa esta semana en Río de Janeiro no peche do proxecto ‘AccesoCidades: Cidades máis accesibles e conectadas’, en calidade de vicepresidente da Confederación de Fondos de Cooperación y Solidaridad. Esta iniciativa, cofinanciada pola Unión Europea, permitiu ao longo de tres anos que representantes municipais de Brasil, Italia e España intercambiaran experiencias arredor da mobilidade sostible, tal e como se está a facer tamén desde onte e ata mañá mércores durante as xornadas de clausura.

Despois de realizar diferentes visitas técnicas, Juan González participou esta mañá na apertura institucional do evento, onde tivo a oportunidade non só de poñer en valor a aprendizaxe mutua que supuxo coñecer as boas prácticas dos distintos países, senón tamén de expoñer ante uns 70 alcaldes, alcaldesas e persoas expertas as accións que o seu municipio está a impulsar neste sentido. Deste xeito, o alcalde de Nigrán explicou que “é unha honra poder achegar neste foro mundial políticas de futuro que nós xa estamos aplicando, como poden ser as electrolineiras gratuítas, o Nigranbus que conecta as parroquias ou a aplicación Parking Gapp para facilitar o aparcamento ás persoas con discapacidade”.

A exposición do Fondo Galego complementouse cun vídeo sobre o intercambio de experiencias desenvolvido en España no marco deste proxecto, onde a asociación municipalista participa a través da Confederación de Fondos e no que tamén están implicados o Frente Nacional de Prefeitos (Brasil) e a Associazione Nazionale dei Comuni Italiani. Responsables locais e persoal técnico de ambos os dous países puideron coñecer in situ programas como o modelo peonil de Pontevedra, Vigo Vertical, Bilbao 30 ou AMBici.

O obxectivo de AccesoCidades é mellorar as políticas de mobilidade urbana a partir de criterios de igualdade, tendo en conta os enfoques de clase, raza e xénero, de aí que este sexa un dos principais eixos das xornadas organizadas en Río. O emprego de datos abertos no transporte público, a sustentabilidade financeira, os modelos de operadores, a xestión metroplitana ou a accesibilidade universal son outros dos aspectos que se abordarán.

Back to top
Este sitio web almacena cookies no seu computador. Estas cookies utilízanse para recompilar información sobre como interactúa co noso sitio web e permítenos lembralo. Utilizamos esta información para mellorar e personalizar a súa experiencia de navegación e para obter estatísticas e métricas sobre os nosos visitantes tanto neste sitio web como noutros medios. Para obter máis información sobre as cookies que utilizamos, pomos a disposición a nosa Política de cookies.
Máis información